ACTIVIDADES DE VERÁN
10/Abril/2015
Durante os meses de xullo e agosto desenvolveranse diversas actividades para nenos e nenas entre 3 e 12 anos coas que se intentará ocupar de forma activa e educativa parte do seu tempo libre, ao tempo que se facilita a conciliación familiar e laboral das familias.
Estas son as actividades deseñadas para este verán:
COLE DE VERÁN GRUPO I
Dirixido a nenos e nenas que cursaron Educación Infantil. De 11:30 a 13:00 horas os días 14, 16, 21, 23, 28, e 30 de xullo e o 4, 6, 11, 13, 18, e 20 de agosto.
COLE DE VERÁN GRUPO II
Dirixido a nenos e nenas que cursaron Educación Primaria. De 10:00 a 11:30 horas os días 15, 17, 22, 24, 29, e 31 de xullo e o 5, 7, 12, 14 e 19 de agosto.
CAMPAMENTO URBANO
Dirixido a nenos e nenas que cursaron Educación Primaria. De 11:30 a 13:00 horas os días 6, 8, 10, 13, 15, 17, 20, 22, 24, 27, 29, e 31 de xullo e o 5, 7, 10, 12, 14, 17 e 19 de agosto.
PRAZAS LIMITADAS. INCRIPCIÓN ATA O 3 DE XULLO.
Máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello de Alfoz ou no número de teléfono 982 558 581 de luns a venres de 09:00 a 14:00.