O CASTELO DE CASTRO DE OURO CONTARÁ CUN MUSEO DAS ZOCAS
01/Decembro/2015
O Concello de Alfoz asinará un convenio con Alberto Geada para crear un museo da zoca nunha das plantas do Castelo de Castro de Ouro. Con este convenio, o Concello de Alfoz, ten a intención de musealizar unha das plantas do castelo, e así proceder a difusión e exhibición de obras relativas á recuperación dos oficios tradicionais, utilizando para tal fin un espazo aberto ó público, e estando interesado en mostrar a obra de Alberto Geada, consistente en creacións de pezas artísticas baseadas na recuperación do calzado primitivo de madeira, en xeral, e das zocas, en particular.