Concello de Alfoz
VISITA AOS USUARIOS DA VIVIENDA COMUNITARIA DE ALFOZ

VISITA AOS USUARIOS DA VIVIENDA COMUNITARIA DE ALFOZ

24/Decembro/2015

A Concellería de Benestar Social do Concello de Alfoz aproveitou o día de Noiteboa para realizar unha visita á Vivenda Comunitaria de Alfoz, que presta servizos neste concello a nove usuarios a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Na visita, na que participou a Concelleira de Benestar Social Carmen Geada Maseda, o Tenente Alcalde Xabier Pardiñas Suárez, a Traballadora Social do concello e persoal do centro, entregouse un lote de alimentos para que os usuarios podan compartir nestas datas tan sinaladas, aproveitando a ocasión para conversar cos usuarios e felicitarlles estas festas de Nadal.

 

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO