Concello de Alfoz
XIX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL ALFOZ 2021

XIX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL ALFOZ 2021

03/Novembro/2021
BASES
1.- Poderán participar tod@s @s rapaces/as que estén matriculad@s no CEIP Castro de Ouro de Alfoz
2.- Establécense tres categorías que se corresponden cos agrupamentos existentes a día de hoxe
• Infantil
• 1º grupo de Primaria (1º, 2º e 3º curso)
• 2º grupo de Primaria (4º, 5º e 6º curso )
3.- As postais estarán relacionadas con motivos do Nadal. Quedarán excluídos os traballos cuxo contido poida causar rexeitamento social (racista, sexista, xenófobo, etc ) ou sexan ilegais.
4.- Non se aceptarán postais que teñan algún tipo de identificación do autor/a.
5.-A participación deberá ser individual, de maneira que non se aceptarán postais de grupo ou colectivas.
6.-Cada participante só poderá presentar unha obra orixinal e inédita.
7.- A técnica a empregar será libre, sempre e cando non leve elementos que sobresaian.
8.- As postais serán feitas sobre cartolina de tamaño aproximado DIN A5 (a metade dun folio)
9.- Haberá un premio por cada categoría e ademais as tres postais gañadoras serán reproducidas como felicitación oficial do Concello de Alfoz para o Nadal 2.021.
9.- O Xurado poderá deixar deserto calquera dos premios se así o considera oportuno.
10.-Cada traballo deberá ir acompañado da ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
11.- O prazo de presentación das postais rematará o 10 de de decembro de 2.021, debendo ser entregadas na Biblioteca Pública Municipal de Alfoz.
12.-O fallo do xurado darase a coñecer nos días posteriores.
13.- Os traballos presentados serán propiedade exclusiva do Concello, podendo ser reproducidos e facer deles o uso publicitario que estime conveniente, coa mención do seu autor/a.
14.- A participación no concurso implica a aceptación destas bases.
Biblioteca Pública Municipal de Alfoz- A Seara s/n Tlf: 982 57 12 41
HORARIO: Luns a venres : 15:00 a 20:00 h
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO