Concello de Alfoz
CONVENIO ENTRE O CONCELLO DE ALFOZ E A DXT

CONVENIO ENTRE O CONCELLO DE ALFOZ E A DXT

26/Agosto/2015

Este mércores 26 de agosto de 2015 no Casa do Concello de Alfoz, a Xefa Provincial de Tráfico Dna. Paula Yubero Plaza e o Alcalde de Alfoz D. Jorge Val Díaz, asinaron o Protocolo de adhesión ao Convenio subscrito entre o Organismo Autónomo da Xefatura Central de Tráfico e a Federación Española de Municipios e Provincias para o intercambio de información e mutua colaboración administrativa.

Con este convenio desde o Concello de Alfoz poderán tramitarse os cambios de domicilio dos permisos de condución e circulación evitándolle ó cidadán desprazamentos innecesarios á Xefatura Provincial de Tráfico.

Por outro lado indícase que o Concello de Alfoz, como membro da Federación Española de Municipios e Provincias, participará como observador afiliado no XI Pleno FEMP, que se celebrará en Madrid o vindeiro 19 de setembro de 2015, representado por Xabier Pardiñas Suárez, Tenente Alcalde do Concello de Alfoz, quen participará na mesa de traballo de Cohesión Social.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO