HOMENAXE DO CONCELLO DE ALFOZ Á CENTENARIA AGRIPINA SOMOZA LÓPEZ
07/Abril/2016
A veciña da parroquia de Reirado Agripina Somoza López cumpreu no día de hoxe cen anos de idade. Desde o Concello de Alfoz quixemos facerlle unha homenaxe entregándolle unha placa conmemorativa do centenario e un ramo de flores. Na visita a Concelleira de Igualdade de Benestar, Carmen Geada Maseda, e o Tenente Alcalde, Xabier Pardiñas, acompañaron á homenaxeada e ao resto da familia nesta data tan sinalada.