CELEBRADAS AS PROBAS DEPORTIVAS DAS OLIMPIADAS 2016
17/Abril/2016
O pasado sábado 16 de Abril, celebráronse as probas deportivas correspondentes á segunda xornada das III Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz. Desta volta desenvolvéronse as novidosas probas de Fútbol 3X3, na que gañou o equipo de Carballido na tanda de penaltis, nunha final apretada conta Mor. Na proba de Tiro con Arco xogou a final Mor con Reirado-Vilaúde, gañando o equipo de Mor. Por último, desenvolveuse a proba de Tiros Libres, onde gañou o equipo de Carballido, nunha final disputada contra Lagoa. O equipo gañador desta xornada foi o representante da parroquia de Carballido.
A clasificación xeral queda moito mais apretada e segue encabezada polo equipo de Castro de Ouro, con 299 puntos, seguido de Carballido 283, Pereiro-Oiras con 271, Mor con 265, Reirado-Vilaude con 258, Adelán con 252, Lagoa con 247 puntos e finalmente Bacoi con 221 puntos.
Os coordinadores das probas de Fútbol 3x3, Tiro con Arco e Tiros Libres foron, respectivamente, Ramón Xeada, antigo adestrador e xogador do C.D. Alfoz, Roki, do Club de Tiro Castelarco, e Angel Vizoso, xogador do Celtas de Foz. Da presentación encargouse de novo Luis Miguel Yáñez, e na axuda técnica, Claudia Pena, Ofelia Adrio, Manuel Álvarez e Lucas Rega.
Desde a Área de Cultura do Concello de Alfoz felicitamos, unha semana mais, a todos os participantes e colaboradores.
A seguinte xornada celebrarase o sábado 23 de Abril coas probas artísticas.