Concello de Alfoz
1 DE XULLO: VOLTA O FESTIVAL ATLÁNTICA A ALFOZ CON PEDRO MARIO LÓPEZ DE CUBA PRESENTANDO "URDIMBRES"

1 DE XULLO: VOLTA O FESTIVAL ATLÁNTICA A ALFOZ CON PEDRO MARIO LÓPEZ DE CUBA PRESENTANDO "URDIMBRES"

21/Xuño/2023
Pedro Mario López é licenciado en Historia da Arte pola Universidade da Habana e exerce como narrador oral escénico desde 1990. Posúe un Magister en Educación en Desenvolvemento humano pola Universidade de San Buenaventura de Cali, Colombia. Tamén é doutor en Educación pola Universidade La Sallede Costa Rica. Como narrador oral participou en importantes festivais nacionais e internacionais en Cuba, México, Arxentina, Brasil, Venezuela, Costa Rica, Uruguai, España, Francia, Perú, Ecuador e Colombia. Foi recoñecido polo público e a prensa de diferentes países como un narrador que posúe unha extraordinaria capacidade para producir tenrura e diversión. Destaca polo súa forza expresiva e a axeitada selección das súas historias que van do humor á poesía, do asombro á gargallada e en ocasión ás, pois Pedro Mario manexa moi eficazmente os recursos artísticos desta arte que xera un proceso de comunicación intenso e significativo. Foi distinguido con importantes galardóns nacionais e internacionais polo seu meritorio labor como artista de la palabra entre os que figuran o Premio iberoamericano Chaman (España), o Premio internacional Cuchillo Canario (Agüimes, Canarias), o Premio internacional Cuentería (A Habana, Cuba), o Premio Internacional Juglar (Santa Fe, Arxentina), o Premio Gran Encantador (Medellín, Colombia) ou o premio honorífico Juglar, Unión Nacional de Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC).
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO