Concello de Alfoz
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación

Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación

10/Maio/2024
Durante a sesión, que será impartida por Ana Belén Vieito Agra, pedagoga e guía Montessori, abordarase a importancia de identificar cales son as fontes de estrés así como os síntomas e efectos do estrés e a ansiedade na nosa vida diaria. Tamén se darán a coñecer estratexias que permitan lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital, como por exemplo unha enfermidade, dolo, rupturas familiares, etc. e na última parte da sesión practicaranse técnicas de relaxación, meditación e concentración.

A inscrición permanecerá aberta ata o día 22 de maio e as persoas interesadas en participar poden inscribirse no Concello de Alfoz ou no número de teléfono 982 55 80 01.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO