NOVEMBRO: MES DO TEATRO EN ALFOZ
28/Outubro/2024
NOVEMBRO, MES DO TEATRO EN ALFOZ
Comeza o mes de novembro e con él os sábados de teatro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz ás 20h.
Desta volta con diferentes propostas de comedia para todos os públicos e para todos os gustos.
SÁBADO 2
"Coa música a outra parte" da compañía do concello de Pol, Trécola producións.
Empezamos o mes do teatro cunha proposta un tanto diferente, unha comedia de monicreques con música en directo, apta para todos os públicos, que fará rir aos máis pequenos e aos non tan pequenos.
SÁBADO 9
"Rosalía Café" da compañía de Foz, A Adala Futura.
Os de rapaces máis novos da asociación A Adala de Fazouro, farannos rir con esta comedia na que unha rapaza de aldea decide marchar á capital para buscarse a vida.
SÁBADO 16
"Era boa se colara!!!" do Grupo os Pícaros de Lagoa.
Turno para os da casa, os nosos veciños faránnos rir con esta comedia costumista tan particular na que unha praga acaba con toda a produción de fabas de A Mariña..
SÁBADO 23
"Aire freco" do grupo cervense Ardora.
Unha comedia que nos fará reflexionar sobre a importancia de prestar atención a quen nos coidou e agora precisa ser coidado.
SÁBADO 30
"Saíndo do cerco" do grupo Teatro do Miolo de Lugo.
Unha comedia desenvolta cando Suso entra nun centro de maiores.
As risas están aseguradas durante o mes de novembro con estas cinco compañías de teatro, que nos representarán cinco obras totalmente diferentes.
Algunhas destas obras están dentro do circuíto de teatro profesional e afeccionado da Deputación de Lugo.