Concello de Alfoz
SÁBADO 2 DE NOVEMBRO: TEATRO DE TÍTERES "COA MÚSICA A OUTRA PARTE" TRÉCOLA PRODUCIÓNS

SÁBADO 2 DE NOVEMBRO: TEATRO DE TÍTERES "COA MÚSICA A OUTRA PARTE" TRÉCOLA PRODUCIÓNS

28/Outubro/2024
Queremos empezar este mes do teatro cunha proposta un tanto diferente, unha comedia  representando unha farsa de títeres a catro mans. Catorce personaxes en catro mans e dúas gorxas, coa banda sonora en directo de dous músicos xeniais que nunca saben por onde terán que sair, improvisando e apoiando á representación d@s titiriteir@s en cada función de esta obra de guiñol viva e natural.

Catro historias entrelazadas forman este enredo, baseado en varias obras de Rafael Dieste ás que Trécola lles dá unha volta, engadindo escenas de colleita propia e actualizando o seu argumento con temáticas combativas e irreverentes, para darlles un toque divertido e provocador. Desprezo polo diferente, a perversión do poder, a manipulación, o amor romántico... todo esto e moito máis nun teatriño cheo de recunchos. 

Unha obra na que as risas dos máis pequenos están aseguradas pero tamén dos máis maiores, apta para todos os públicos. 

Obra dentro do Circuíto de teatro profesional da Deputación de Lugo.
 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO