Concello de Alfoz
CRUCEIRO DO CRISTO

CRUCEIRO DO CRISTO

O nome do cruceiro do Cristo venlle de que fai tempo houbo outra construción coa imaxe do Cristo nese lugar. Atópase ao lado da estrada de Mondoñedo a Valadouro, na intersección a Carballido. Trátase dun cruceiro moi particular na súa estructura sobre todo na base. Está protexido por un peche semicircular e ten unha base circular en dous tramos; e sobre esta un tramo cadrado e encima unha pedra que sirve de mesa sobre a que está asentada a verdadeira base paralepípeda. O fuste, de forma cadrada nos extremos, e coas aristas rebaixadas da lugar a un capitel adornado e sobre este unha cruz rematada en modalidade de carpinteiro. A mesa sobre a que está o cruceiro serviu de plataforma para o descanso dos cadáveres.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO