Concello de Alfoz
CRUCEIRO DE FAIÁN DE ARRIBA

CRUCEIRO DE FAIÁN DE ARRIBA

Cruceiro situado sobre un pedestal troncopiramidal invertido, realizado en granito local a finais do século XVIII. Consta dun pequeno fuste tapado na parte anterior por unha pequena capela que recolle o exvoto que representa a persoa que alí faleceu. Sobre ela aparece representada na parte anterior unha figura de Cristo crucificado coas mans abertas e na parte posterior a figura de María coronada como Raíña dos Ceos.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO