Concello de Alfoz
IGREXA DE SAN SALVADOR DE CASTRO DE OURO

IGREXA DE SAN SALVADOR DE CASTRO DE OURO

Data do século XV e está situada no centro do castro e foi a capela do castelo, convertida máis tarde en igrexa parroquial. Consta dunha soa nave cuberta de madeira, arco triunfal de medio punto, capela maior cadrada e cuberta ás catro augas. Ó carón áchase a sacristía e tamén un rústico pórtico.

A fachada principal ten unha porta adintelada e espadana de dous corpos e tres vans. Na porta lateral sur atopamos dous modillóns que representan o busto dun cabalo e unha azucena. Enriba del atopamos un mediorrelevo do século XV donde aparecen representados Cristo crucificado e ó seu carón, os ladróns que penden aforcados. A imaxe complétase con María e San Xoán.
Na capela maior destaca un fresco do século XV que representa unha Piedade coas figuras laterais de San Xoán, María Magdalena e unha calaveira. As súas cores son vivas e están consideradas como as máis antigas da diócese. Imaxen de San Salvador do século XVI e cáliz con escudo da Casa Austria.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO