Concello de Alfoz
IGREXA DE SAN MAMEDE DAS OIRAS

IGREXA DE SAN MAMEDE DAS OIRAS

Foi reconstruida totalmente nos primeiros anios deste século sobre a primitiva igrexa. É de estilo neogótico e consta dunha nave cuberta de madeira e dúas vertentes, capela maior ás catro augas, e sacristía situada ó lado esquerdo da capela maior. A fachada principal leva no seu centro unha airosa torre coroada por unha frecha gótica. 

No presbiterio hai un retablo que foi da catedral de Mondoñedo. Trátase dun gran marco de madeira xaspeada e ben dourada con boas molduras barrocas de finais do século XVIII. Imaxe de San Mamede do século XVIII, popular e pintado ó óleo.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO