IGREXA DE SAN SEBASTIÁN DE CARBALLIDO
Foi construida totalmente no ano 1793 e costeada na súa maior parte polo canónigo de Mondoñedo Santomé e Aguiar. Consta dunha nave, cruceiro, capela maior e dúas sacristías ós lados desta. A nave e brazos do cruceiro cúbrense con sinxelo artesonado, o centro do cruceiro leva maderamen máis moderno e a capela maior ten bóveda de aristas. A porta exterior leva dintel cos seus extremos curvados, enriba do cal hai unha pequena placa conmemorativa da construcción do templo.
No presbitero aparece unha bóveda na que hai catro paneis de pintura do século XIX. Representan a glorificación de San Sebastián, o Bo Pastor, Xesús e a Samaritana e Agnus Dei. O retablo é neoclásico.