Concello de Alfoz
PAZO DE RIZAL

PAZO DE RIZAL

O Pazo de Rizal foi ordenado construir a mediados do século XVIII por José de la Vega y Río que se enriqueceu co comercio dos lenzos. Está composto por un único núcleo central de pranta rectangular, con dúas prantas, e realizada en boa cantería aínda que foi pintado de branco e a cuberta é a catro augas. Na fachada principal presenta unha fermosa balconada de ferro forxado. A construcción complétase cunha capela, patio e alpendres. O conxunto está rodeado pola parte posterior dun muro de perfecta cantería sobre o que repousan catro escudos de armas que representam cada un a un dos campos do escudo cuartelado. Hai un portalón adintelado de entrada e no seu frontón aparece o escudo de armas da familia e inscripción relativa á súa linaxe: Vega, Varela, Partierra e Marrube.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO