Ayuntamiento de Alfoz
PROGRAMA "XUNTOS POLO NADAL" 2025

PROGRAMA "XUNTOS POLO NADAL" 2025

14/noviembre/2025
Xa está aberto o prazo para solicitar praza no programa da Xunta de Galicia dirixido a persoas maiores que queiran gozar do Nadal en compañía.

Destinos posibles:

- Residencia de Tempo Libre de O Carballiño (Ourense)
- Residencia de Tempo Libre de Panxón, Nigrán (Pontevedra)

Quendas dispoñibles:

- Do 23 decembro ao 7 xaneiro (16 días)
- Do 23 ao 30 decembro (8 días)
- Do 31 decembro ao 7 xaneiro (8 días)

Requisitos básicos:

- Ter 60 anos ou máis na data límite da solicitude
- Estar empadroado/a en Galicia
- Poder valerse por un/ha mesmo/a
- Non padecer enfermidades transmisibles ou trastornos que dificulten a convivencia
- Vivir só/a ou convivir unicamente durante as datas do Nadal

Documentación necesaria:


- DNI e tarxeta sanitaria
- Informe médico actualizado (no caso de ter algunha condición que precise atención específica)

Presentación de solicitudes:
Na Oficina de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Alfoz ou por teléfono no 982 238 920.
Prazo: ata o 25 de novembro de 2025.
Volver

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO