O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
23/julio/2015
“O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR” é unha campaña da Consellería do Medio Rural e do Mar coa que se pretende transmitir aos nenos e nenas a importancia dos productos do mar na dieta e fomentar o seu consumo habitual, afondando no coñecemento das especies así como na necesidade de preservar os productos do mar.
A actividade consiste nun obradoiro lúdico que contempla a realización dunha obra de teatro, actividades lúdicas, reparto de agasallos e diplomas.
“O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR” diríxese a nenos e nenas entre os 3 e os 14 anos, e terá lugar o MÉRCORES 19 de AGOSTO ÁS 12 horas no CENTRO SOCIOCULTURAL DE ALFOZ.
Inscricións ata o 14 de agosto no Concello de Alfoz ou no teléfono 982.55.85.81.