Concello de Alfoz
RIO OURO

RIO OURO

Lugar de importancia comunitaria. Red natura 2000. Nace a uns 800 m na vertente oriental da Serra do Xistral. A súa cunca non chega aos 200 km2, e o seu percorrido é duns 30km, polos concellos do Valadouro, Alfoz e Foz. Ten un curso curto e un réxime pluvial, que o convirte en ideal para a práctica da pesca deportiva.

O río Beloi, que descende dende a parroquia do Pereiro, únese en Santa Mariña, donde tambén se lle une o Bao; augas máis abaixo tambén recolle as que veñen de Ferreira, desembocando finalmente en Fazouro.

Un feito importante na súa xestión é que a Consellería de Medioambiente, ten adxudicado a obra dun sendeiro medioambiental, con un percorrido aproximado de 3 km que partiría da Pontenova e finalizaría en Carballido.
RIO OURO
RIO OURO
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO