Concello de Alfoz
XXII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2024
07/Novembro/2024

XXII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2024

Chega un ano máis o concurso de postais de nadal. Todos os nenos e nenas do CEIP Castro de Ouro de Alfoz poderán participar nas distintas categorías. Bases no QR ou no seguinte enlace
SÁBADO 9 DE NOVEMBRO: TEATRO, A ADALA FUTURA PRESENTA "ROSALÍA CAFÉ"
07/Novembro/2024

SÁBADO 9 DE NOVEMBRO: TEATRO, A ADALA FUTURA PRESENTA "ROSALÍA CAFÉ"

O SÁBADO 9 DE NOVEMBRO, ÁS 20.00h NA CASA DA CULTURA DE ALFOZ, O Grupo de Teatro de Fazouro (Foz) A adala futura, nacido no ano 2016 cando a Adala Teatro se embarcou nun proxecto pedagódixo para achegar o teatro aos integrantes máis novos da Asociación, presenta a súa obra ROSALÍA CAFÉ, unha comedia para todos os públicos. Nesta obra unha rapaza de aldea decide marchar á capital para buscarse a vida montando un pub. No local terá unha clientela moi divertida e peculiar, e cada día deberá facer fronte a un sinfín de conversas sobre temas moi diferentes. Por se isto fora pouco, tamén recibirá a visita dos seus amigos da aldea. Pero...estes amigos non encaixarán moi ben na capital, polo que as risas estarán aseguradas!!
SÁBADO 2 DE NOVEMBRO: TEATRO DE TÍTERES "COA MÚSICA A OUTRA PARTE" TRÉCOLA PRODUCIÓNS
28/Outubro/2024

SÁBADO 2 DE NOVEMBRO: TEATRO DE TÍTERES "COA MÚSICA A OUTRA PARTE" TRÉCOLA PRODUCIÓNS

Queremos empezar este mes do teatro cunha proposta un tanto diferente, unha comedia representando unha farsa de títeres a catro mans. Catorce personaxes en catro mans e dúas gorxas, coa banda sonora en directo de dous músicos xeniais que nunca saben por onde terán que sair, improvisando e apoiando á representación d@s titiriteir@s en cada función de esta obra de guiñol viva e natural. Catro historias entrelazadas forman este enredo, baseado en varias obras de Rafael Dieste ás que Trécola lles dá unha volta, engadindo escenas de colleita propia e actualizando o seu argumento con temáticas combativas e irreverentes, para darlles un toque divertido e provocador. Desprezo polo diferente, a perversión do poder, a manipulación, o amor romántico... todo esto e moito máis nun teatriño cheo de recunchos. Unha obra na que as risas dos máis pequenos están aseguradas pero tamén dos máis maiores, apta para todos os públicos. Obra dentro do Circuíto de teatro profesional da Deputación de Lugo.
NOVEMBRO: MES DO TEATRO EN ALFOZ
28/Outubro/2024

NOVEMBRO: MES DO TEATRO EN ALFOZ

Comeza o mes de novembro e con él os sábados de teatro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz ás 20.00h. Desta volta con diferentes propostas de comedia para todos os públicos e para todos os gustos. As risas están aseguradas durante o mes de novembro con estas cinco compañías de teatro, que nos representarán cinco obras totalmente diferentes. Algunhas destas obras están dentro do circuíto de teatro profesional e afeccionado da Deputación de Lugo.
31 DE OUTUBRO: ACTO DE PRESENTACIÓN "DA VILA DO CASTRO D'OURO AO CONCELLO DE ALFOZ: OITOCENTOS ANOS NA HISTORIA"
21/Outubro/2024

31 DE OUTUBRO: ACTO DE PRESENTACIÓN "DA VILA DO CASTRO D'OURO AO CONCELLO DE ALFOZ: OITOCENTOS ANOS NA HISTORIA"

O próximo xoves, 31 de outubro, o Castelo de Castro de Ouro ten a honra de albergar o acto de presentación do caderno "DA VILA DO CASTRO D'OURO AO CONCELLO DE ALFOZ: OITOCENTOS ANOS NA HISTORIA", editado por Dn. Carlos Baliñas Pérez e Dn. Carlos Andrés González Paz. O acto terá lugar ás 19.00h.
Páxina 11 / 159

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO