Concello de Alfoz
EXPOSICIÓN: DÍA INTERNACIONAL DAS LINGUAS MATERNAS
22/Febreiro/2021

EXPOSICIÓN: DÍA INTERNACIONAL DAS LINGUAS MATERNAS

Desde o luns 22 de Febreiro poderase ver na planta da Biblioteca Muncipal a exposición dedicada ás Linguas Maternas. De luns a venres de 15.00h a 20.00h, coincidindo co horario da Biblioteca Muncipal. Tamén podes vela on-line no Blogue da Biblioteca ou no seguinte enlace:https://drive.google.com/file/d/1ekgKA8dbCddlpCu2No3psm-1o2G9vcXf/view?usp=sharing
SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DE INFRAESTRUCTURAS NOS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS DE ALOXAMENTO E RESTAURACIÓN
04/Febreiro/2021

SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DE INFRAESTRUCTURAS NOS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS DE ALOXAMENTO E RESTAURACIÓN

Na seguinte ligazón podes acceder ao documento completo: https://drive.google.com/file/d/18zJc9f6aZq11J3xvzUw2VQK60uAWI-DX/view?usp=sharing
No #DíaMundialContraelCáncer queremos apoiar á AECC na loita pola equidade no cancro. Nós xa nos unimos ao #AcuerdoContraelCáncer.   E ti?, asina no acuerdocontraelcancer.com @LugoAECC @aecc_es
04/Febreiro/2021

No #DíaMundialContraelCáncer queremos apoiar á AECC na loita pola equidade no cancro. Nós xa nos unimos ao #AcuerdoContraelCáncer. E ti?, asina no acuerdocontraelcancer.com @LugoAECC @aecc_es

O 4 de febreiro é o Día Mundial Contra o Cancro e desde a AECC de Lugo gustaríanos contar co teu apoio. Nestes tempos de COVID-19, non debemos olvidar que a emerxencia cancro continúa: o cancro estaba, está e estará a pesar da COVID-19. A pandemia non fai máis que agravar a situación de desigualdade de moitos enfermos e enfermas de cancro. Como podes axudarnos?. Hai moitos temas nos que é difícil, e case imposible, poñerse dacordo con outras persoas, pero a loita contra o cancro non é un deles. Animámoste a que nos apoies nas redes sociales, mediante un texto en Twitter ou otra red social conforme estás dacordo na loita na equidade no cancro. Ademais creamos unha landing page (acuerdocontraelcancer.com) co obxectivo de que a sociedade apoie a iniciativa firmando o #AcuerdoContraElCáncer.
INSTALACIÓN DE CALEFACCIÓN DE PELLETS NA ESCOLA DA ARNELA
02/Febreiro/2021

INSTALACIÓN DE CALEFACCIÓN DE PELLETS NA ESCOLA DA ARNELA

O Concello de Alfoz está a proceder á instalación dunha estufa de calefacción de pellets na Escola da Arnela, na que se desenvolven diferentes actividades tales como charlas, cursos e reunións sociais, entre outras. A instalación realizase cunha axuda da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
INSTALACIÓN CALEFACCIÓN DE PELLETS NA ESCOLA DO PEREIRO
02/Febreiro/2021

INSTALACIÓN CALEFACCIÓN DE PELLETS NA ESCOLA DO PEREIRO

O Concello de Alfoz está a proceder á instalación dunha estufa de calefacción de pellets na Escola do Pereiro, na que se desenvolven diferentes actividades tales como charlas, cursos e reunións sociais, entre outras. A instalación realizase cunha axuda da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020
OS USUARIOS E USUARIAS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE ADULTOS PODERÁN SEGUIR PRACTICANDO DEPORTE A TRAVÉS DO WHASAPP
28/Xaneiro/2021

OS USUARIOS E USUARIAS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE ADULTOS PODERÁN SEGUIR PRACTICANDO DEPORTE A TRAVÉS DO WHASAPP

O Concello de Alfoz comunicou o pasado martes, 26 de xaneiro, a suspensión das clases presenciais nas Escolas Deportivas Municipais e nas Actividades Deportivas para Adultos como consecuencia do Covid-19 e das novas medidas tomadas pola Xunta de Galicia. Sabemos que o éxito e o valor destas actividades non só é pola práctica deportiva, senón por ser un lugar de encontro e onde relacionarse, algo fundamental en concellos pequenos e rurais coma o noso. Está claro que a situación actual non recomenda para nada estas reunións sociais pero no que respecta á práctica deportiva non temos porque abandonala cando se conta con medios para ofrecer alternativas. A Delegación de Deportes de Alfoz, dirixida por César Marrube, anuncia que todas as modalidades deportivas: ioga, aeróbic, ximnasia de mantemento, baile, patinaxe e fútbol serán impartidas polos correspondentes monitores e monitoras a través de vídeos coas sesións de exercicios que se farían na clase “normal” e coas indicacións necesarias para a súa correcta realización. Estes vídeos enviaranse aos grupos de Whasapp de cada modalidade para poder continuar traballando desde as súas casas. Comunícase tamén que se suspende o pago das cuotas das Actividades Deportivas para Adultos ata que se reanuden de xeito presencial as clases de ioga, aeróbic, ximnasia de mantemento e baile. As Escolas Deportivas Muncipais son gratuítas polo que non afecta este aspecto. A Delegación de Deportes de Alfoz espera que a iniciativa sexa ben acollida polos usuarios e usuarias como medida temporal ata que as cousas melloren e se poida voltar ás clases presenciais, tamén pide desculpas a aqueles usuarios que non contan con servizo de whasapp, que aínda que se trata de casos moi puntuais, é certo que non chegaría ao 100% polo que se está a falar con eles e mirar posibles alternativas.
Páxina 101 / 169

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO