Concello de Alfoz
ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA PARA AS VACACIÓNS: NADAL NA BIBLIOTECA, DINOSAURIOS NA BIBLIOTECA E DETECTIVES NA BIBLIOTECA
28/Decembro/2020

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA PARA AS VACACIÓNS: NADAL NA BIBLIOTECA, DINOSAURIOS NA BIBLIOTECA E DETECTIVES NA BIBLIOTECA

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos, actividades variadas: o luns 28 (horario de mañá: de 10.30 a 13.00h) Nadal na Biblioteca; o martes 29 e o mércores 30 en horario de tarde de 17.00 a 19.00 teremos dinosaurios e un misterio que resolver na bilbioteca. Actividade gratuíta. Grupos reducidos. Inscrición antes de empezar. Máis información tfno: 982 558 001 (ext. 2)
JORGE VAL, ALCALDE DE ALFOZ, RECIBE A VISITA DE IVÁN MARRUBE E IVÁN CARREIRAS PREMIADOS CO MÁXIMO GALARDÓN NA XIX CATA DE MELES DE GALICIA
24/Decembro/2020

JORGE VAL, ALCALDE DE ALFOZ, RECIBE A VISITA DE IVÁN MARRUBE E IVÁN CARREIRAS PREMIADOS CO MÁXIMO GALARDÓN NA XIX CATA DE MELES DE GALICIA

Hoxe, 24 de decembro, o alcalde de Alfoz, Jorge Val recibeu a visita de Iván Marrube e Javier Carreiras que hai uns días viron recompensada a súa gran labor como apicultores ao recibir o máximo galardón nas variedades de monofloral e multifloral na XIX Cata dos Meles da Consellería de Medio Rural.Trouxeron as mostras do seu traballo, o mel "Ouro Puro" que produce e comercializa Iván Marrube e "O Poder das Flores" de Javier Carreiras, nas que hai que destacar non só a calidade senón a presentación coidada do produto.Para o Concello de Alfoz tamén é unha honra este recoñecemento a dous xóvenes emprendedores que ven na producción de mel o seu futuro, vivindo no rural e aproveitando a riqueza natural da nosa contorna. Son, sen dúbida, inmellorables embaixadores do Concello de Alfoz a través da calidade da súa mel, resultado dun traballo ben feito. Noraboa!!.
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "ALFOZ NO OUTONO" A PARTIR DO 27 DE DECEMBRO NO CASTELO DE CASTRO DE OURO
21/Decembro/2020

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "ALFOZ NO OUTONO" A PARTIR DO 27 DE DECEMBRO NO CASTELO DE CASTRO DE OURO

Todas as instantáneas do I Concurso de Fotografía "Alfoz no outono" estarán expostas no Castelo de Castro de Ouro, desde o 27 de decembro. Lembra que o horario de apertura do Castelo é sábados, domingos e festivo (ollo! 0 25-12 Nadal e 1-1Aninovo non abrimos) de 12.00h a 19.00h.
CONTACONTOS DE FÁTIMA FERNÁNDEZ  "UNHA VIAXE AO MUNDO DOS CONTOS POP UP"
21/Decembro/2020

CONTACONTOS DE FÁTIMA FERNÁNDEZ "UNHA VIAXE AO MUNDO DOS CONTOS POP UP"

O sábado 26 de decembro, na Biblioteca Pública de Alfoz, ás 18.00h teremos a oportunidade de disfrutar cos contos Pop Up da man de Fátima Fernández. Actividade da Área de Cultura da Deputación Provincial.
Páxina 103 / 169

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO