Concello de Alfoz
NORABOA AOS NOSOS VECIÑOS IVÁN MARRUBE E JAVIER CARREIRAS POLOS PREMIOS ACADADOS CO SEUS MAGNÍFICOS MELES
18/Decembro/2020

NORABOA AOS NOSOS VECIÑOS IVÁN MARRUBE E JAVIER CARREIRAS POLOS PREMIOS ACADADOS CO SEUS MAGNÍFICOS MELES

Tamén a Mari Fe Sixto Pernas que, un ano máis, consigueu tamén un galardón.
TODAS AS FOTOS DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ALFOZ NO OUTONO"
17/Decembro/2020

TODAS AS FOTOS DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ALFOZ NO OUTONO"

Entra na noticia e pincha no enlace para ver todas as fotos. Noraboa e grazas a todos e todas as participantes!!.
PREMIOS DO XVIII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2020
16/Decembro/2020

PREMIOS DO XVIII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2020

O sábado, 19 de decembro, ao rematar o teatro de monicreques "O Apalpador e a nena sen medo", entregaranse os premios do XVIII Concurso de postais de Nadal de 2020. As postais premiadas son: en Ed. Infantil Tomé Fanego Otero (3 anos), en Ed. Primaria Celia Fdez. Fdez. (11 anos) e en Ed. Secundaria Lidia Expósito Goás (13 anos) que podes ver na galería de fotos. Noraboa a todos e todas as participantes que recibirán tamén o seu diploma de participación. .....e Bo Nadal!!!
PREMIOS DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ALFOZ NO OUTONO". 1º PREMIO "Mar de néboa" de Miguel Paz, 2º PREMIO "A la luz de la luna" de Bruno Fernández e 3º PREMIO " A ponte antiga" de Manuel López
15/Decembro/2020

PREMIOS DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ALFOZ NO OUTONO". 1º PREMIO "Mar de néboa" de Miguel Paz, 2º PREMIO "A la luz de la luna" de Bruno Fernández e 3º PREMIO " A ponte antiga" de Manuel López

As fotografías gañadoras do I Concurso de fotografía "Alfoz no outono" e os seus autores son: 1º premio (300€): "Mar de néboa" de Miguel Paz Sixto 2º premio (200€): "A la luz de la luna" de Bruno Fernández Pereira 3º premio (150€): "A ponte antiga" de Manuel López Méndez Participaron 27 fotógrafos aficionados que presentaron un total de 51 fotografías a concurso. O noso agradecemento e a nosa noraboa a todos eles pola calidade e orixinalidade das obras. O xurado, composto por Santiago Otero de Vossaphotography, Jorge Val, alcalde de Alfoz e Marisa Goás, Concelleira de Cultura non o tivo nada fácil para elixir as 3 fotografías gañadoras. "Mar de néboa" será o fondo da felicitación de Nadal do Concello de Alfoz. Proximamente publicaremos na nosa web: www.concellodealfoz.com, e redes sociais todas as fotografías co título e nome do autor/a, as cales formarán parte da exposicón "Alfoz no outono" que se poderá visitar no Castelo de Castro de Ouro a partir do 27 de decembro. Lembramos que o Castelo está aberto sábados, domingos e festivos de 12.00h a 20.00h.
CANCELADA A ACTUACIÓN TEATRAL DO VENRES 18 DOS BALUROS "MENCIÑEIRO Á FORZA"
14/Decembro/2020

CANCELADA A ACTUACIÓN TEATRAL DO VENRES 18 DOS BALUROS "MENCIÑEIRO Á FORZA"

Lamentamos comunicar que, por motivos alleos á organización, cancélase a representación de teatro aficionado programada para o vindeiro venres 18 de decembro ás 20.00, na que o grupo de teatro Os Baluros ían representar a obra "Menciñeiro á forza".
Páxina 104 / 169

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO