Concello de Alfoz
"A VIAXE DO SR. LÓPEZ." TEATRO FAMILIAR PARA ESTE NADAL.
09/Decembro/2020

"A VIAXE DO SR. LÓPEZ." TEATRO FAMILIAR PARA ESTE NADAL.

Domingo 20 ás 19.00h no Salón de Actos da Casa da Cultura. Entrada gratuíta. Aforo limitado. Subvencionado pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
CONTACONTOS CON MONICREQUES PARA O NADAL. "O APALPADOR E A NENA SEN MEDO" DA XANELA DO MAXÍN
09/Decembro/2020

CONTACONTOS CON MONICREQUES PARA O NADAL. "O APALPADOR E A NENA SEN MEDO" DA XANELA DO MAXÍN

O sábado 19 de decembro, ás 19.00h no Salón de Actos da Casa da Cultura quedamos para disfrutar da representación con monicreques para toda a familia neste Nadal. Subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Único.
 DOA SANGUE O LUNS 7 DE DECEMBRO DE 10.30 A 14.00H
04/Decembro/2020

DOA SANGUE O LUNS 7 DE DECEMBRO DE 10.30 A 14.00H

A unidade móbil estará situada enfronte da Farmacia, na Seara. A túa colaboración é importante para poder acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día para axudar a centos de enfermos.
ARTE NA BILIOTECA. Obradoiro creativo, xogos, obradoiro didáctico...e máis
30/Novembro/2020

ARTE NA BILIOTECA. Obradoiro creativo, xogos, obradoiro didáctico...e máis

O luns, 7 de decembro, de 10.30 a 13.00h na Bibloteca Pública de Alfoz temos unha proposta para as nenas e nenos de 3 a 12 anos que queiran descubrir a sección de arte da nosa biblioteca e saber por qué Picasso pintaba esas mulleres "tan raras" a través de actividades didácticas, creativas, xogos ...para coñecer nesta ocasión a Pablo Picasso e o estilo cubista. A inscrición farase antes do comenzo da actividade. Grupos reducidos. Actividade gratuíta. Máis información no teléfono 982558001 (ext.2). Actividade subvencionada a través do Plan Único da Deputación Provincial.
OBRADOIRO DE LIBROS ELECTRÓNICOS NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE ALFOZ
30/Novembro/2020

OBRADOIRO DE LIBROS ELECTRÓNICOS NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE ALFOZ

O vindeiro xoves, 3 de decembro, de 18.00 a 19.00h quedamos na biblioteca para coñecer os tipos de lectores de libros electrónicos, os formatos (EPUB, PDF, MOBI...), distintas webs de descarga gratuíta, convertidores de formatos, etc. A actividade é gratuíta e non fai falta inscrición previa. Máis información no teléfono 982558001 (ext. 2)
Páxina 105 / 169

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO