Concello de Alfoz
 CANCELADO ATA DECEMBRO.TEATRO FAMILIAR: "A VIAXE DO SR. LÓPEZ" 7 DE NOVEMBRO ÁS 19.00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA
31/Outubro/2020

CANCELADO ATA DECEMBRO.TEATRO FAMILIAR: "A VIAXE DO SR. LÓPEZ" 7 DE NOVEMBRO ÁS 19.00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA

Teatro para todos os públicos subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo. O sábado 7 de novembro no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz. Entrada gratuíta. Aforo limitado.
REAPERTURA DA OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA : 1 DE NOVEMBRO
31/Outubro/2020

REAPERTURA DA OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA : 1 DE NOVEMBRO

HORARIO: SÁBADOS, DOMINGOS E FESTIVOS DE 12.00H A 19.00H
A BIBLIOTECA PÚBLICA DE ALFOZ ADQUIRE LECTURAS OBRIGATORIAS PARA ESTUDIANTES E CONTA CON 2 E-READERS PARA PRÉSTAMO
24/Outubro/2020

A BIBLIOTECA PÚBLICA DE ALFOZ ADQUIRE LECTURAS OBRIGATORIAS PARA ESTUDIANTES E CONTA CON 2 E-READERS PARA PRÉSTAMO

Contamos con varias unidades dos libros de lectura obrigatoria nos IES de Alfoz-Valadouro, Monte Castelo, O Perdouro e Foz para poder préstarlles aos alumnos durante este curso 2020-21. Ademais, pódese solicitar o préstamo de E-readers para leelos en formato electrónico. Subvencionado a través do Plan Único da Deputación Provincial.
ALFOZ FORMA PARTE DO PACTO DAS ALCALDÍAS POLO CLIMA E A ENERXÍA
20/Outubro/2020

ALFOZ FORMA PARTE DO PACTO DAS ALCALDÍAS POLO CLIMA E A ENERXÍA

O Concello de Alfoz está comprometido co medio ambiente e a loita contra o cambio climático, por iso formamos parte do PACES. Queremos implantar e superar os obxectivos en materia de clima e enerxía para 2030 da UE, por iso estamos rematando a redacción do noso plan que nun futuro próximo publicaremos cos principais obxectivos perseguidos, así como os resultados acadados. O Proxecto está subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sostible, axudas da Xunta de Galicia e da Unión Europea a través dos fondos FEDER. Se queres saber máis sobre o PACES, pincha no enlace.
I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ALFOZ NO OUTONO"
20/Outubro/2020

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ALFOZ NO OUTONO"

Desde a Delegación Turismo de Alfoz, subvencionado polo Plan Único da Deputación Provincial, convocamos o I Concurso de Fotografía "Alfoz no outono" con premios de 300, 200 e 150€ e diploma para as 3 mellores fotos que reflexen a beleza do noso concello nesta estación. O prazo de presentación é desde o 2 ata o 30 de novembro. Dirixido a fotógrafos/as aficionados/as a partir de 16 anos. BASES COMPLETAS NA SEDE ELECTRÓNICA.
Páxina 108 / 169

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO