30/Agosto/2020
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE ALFOZ CURSO 2020/21
Na reunión informativa organizada un ano máis desde o Concello de Alfoz antes do comezo do curso falaremos tamén das EDM que inclúen as modalidades deportivas de patinaxe, fútbol sala e fútbol campo para nenas e nenos de 4 a 16 anos do Concello de Alfoz. As actividades son totalmente gratuitas para os usuarios e usuarias, estando subvencionadas polo Plan Único da Deputación Provincial de Lugo, na Área de Deportes.