28/Setembro/2024
III CARREIRA POPULAR ALFOZ VALADOURO
O 5 de outubro terá lugar a III Carreira Popular Alfoz Valadouro. A saída da andaina e carreira absoluta terá lugar dende diante da piscina municipal de Alfoz ás 10h e ás 10:30h, respectivamente. As probas de menores serán a partir das 11:30h saíndo do entorno do pavillón do Valadouro. A entrega de dorsais efectuarase no pavillón municipal de Alfoz. Na presentación da carreira estiveron Manolo Cadramón, Xefe dos Servizos Provinciais de Deportes da Xunta de Galicia; José Manuel Lamela, Alcalde do Valadouro; Efigenia Maseda, Alcaldesa de Alfoz; Ana Rubal e Eliseo Lorenzo, Concelleiros de Deportes do Valadouro e Alfoz. Se entras na noticia poderás acceder á inscrición.