12/Setembro/2024
SÁBADO 21 SETEMBRO: SUPERCOROZA. NA EIRA E NA LAREIRA
O sábado 21 de setembro ás 19.30h contaremos co espectáculo de A Xanela do Maxín: SUPERCOROZA. NA EIRA E NA LAREIRA. SUPERCOROZA, protagonista de Na Eira e na Lareira, é salvagarda do noso: da nosa xente, da nosa lingua, música, contos e tradicións. O seu superpoder é a recuperación da tradición e procura a transmisión cultural a través da música, baile, contos… dun xeito ameno, divertido e participativo. ?Neste espectáculo cantarase e contarase como se facía de antigo, para que estas historias e cancións poidan seguir transmitíndose de xeración en xeración, ofrecendo unha xanela única ao noso pasado colectivo.