Concello de Alfoz
PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL PARA MAIORES DO IMSERSO-2018
02/Xuño/2018

PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL PARA MAIORES DO IMSERSO-2018

Aberto o prazo para a solicitude de prazas para o Programa de Turismo Social para mairoes do imserso- 2018. Para información e solicitude poden dirixirse o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello, de luns a xoves ata o 14 de xuño de 2018 (1ª fase) e do 15 de xuño de 2018 ata o 26 de febreiro de 2019 (2ª fase), mediante cita previa chamando ao teléfono 982 238 920.
REUNIÓN INFORMATIVA PARA O TRÁMITE DE SUBVENCIÓNS E AXUDAS
02/Xuño/2018

REUNIÓN INFORMATIVA PARA O TRÁMITE DE SUBVENCIÓNS E AXUDAS

O vindeiro xoves 7 de xuño ás 21:00 no Salón de Plenos da Casa do Concello de Alfoz, terá lugar unha reunión informativa dirixida a Asociacións de veciños, culturais, deportivas e comisións de festas para informar dos cambios na nova tramitación de axudas e subvencións no Concello de Alfoz.
REUNIÓN SOBRE A XESTIÓN DA BIOMASA E PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
28/Maio/2018

REUNIÓN SOBRE A XESTIÓN DA BIOMASA E PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

O vindeiro mércores, as 20 horas, no salón de actos do Centro Sociocultural de Alfoz técnicos do distrito forestal informarán sobre os cambios introducidos na lexislación para a xestión de biomasa, a prevención de incendios forestais e as distancias de plantacións forestais.
CURSO DE MANEXO BÁSICO DE MÓBIL-SMARTPHONE CURSO DE MANEXO BÁSICO DE MÓBIL-SMARTPHONE
27/Maio/2018

CURSO DE MANEXO BÁSICO DE MÓBIL-SMARTPHONE CURSO DE MANEXO BÁSICO DE MÓBIL-SMARTPHONE

19, 20 e 21 de xuño, Curso de manexo básico de Móbil-Smartphone, de 10.30 a 12.30 horas. PRAZAS LIMITADAS. Promoción da autonomía persoal dos maiores da provincia. Máis información Centro Sociocultural: 982558581
TABOLEIRO DE ANUNCIOS: EMPREGO PÚBLICO
24/Maio/2018

TABOLEIRO DE ANUNCIOS: EMPREGO PÚBLICO

Contratación de dous peóns forestais para a realización do servizo de "Taballos de silvicultura no Concello de Alfoz" e dous socorristas para a realización do servizo “Socorrismo nas piscinas municipais”
ÁFRICA NO CASTELO CASTRODOURO
22/Maio/2018

ÁFRICA NO CASTELO CASTRODOURO

O vindeiro sábado, 26 de maio o Castelo Castrodouro achegarase a África. Ás 18:45 h inauguración das exposicións ‘Galicia-Cabo Verde: unha irmandade’, cedida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade; e " A muller e a niñez en África", cedida pola ONG Mans Unidas. Ás 19:00 horas Concerto de Batuko Tabanka. As exposicións poderán visitarse dende o sábado 26 e durante todo o mes de xuño.
Páxina 137 / 169

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO