Concello de Alfoz
CULTURA PEQUENIÑA MES DE SETEMBRO
12/Setembro/2024

CULTURA PEQUENIÑA MES DE SETEMBRO

Volve o programa cultura pequeniña neste mes de setembro, nesta ocasión será o sábado 21 e contará ás 17h cun obradoiro de "EXPERIMENTOS NA BIBLIOTECA" e a continuación ás 19.30h cun espectáculo no salón de actos titulado "SUPERCOROZA, NA EIRA E NA LAREIRA"
VOLTA DO HORARIO DE TARDES DA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE ALFOZ
31/Agosto/2024

VOLTA DO HORARIO DE TARDES DA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE ALFOZ

Logo de cambios no horario de apertura da biblioteca durante o verán, volve o horario de tarde a partir do luns 2 de setembro. O horario de apertura será dende as 15:00h ata as 20:30h, de luns a venres.
DO 2 AO 9 DE SETEMBRO ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN: MADRUGADORES, OES E INGLÉS.
30/Agosto/2024

DO 2 AO 9 DE SETEMBRO ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN: MADRUGADORES, OES E INGLÉS.

Do 2 ao 9 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para anotarse en Madrugadores, OES e Inglés. Este curso seguirá a ampliación de horario: Madrugadores será de 7:30 h a 9:30 h e OES nos meses de setembro e xuño será de 15:30 h a 19 h. Pincha na nova para acceder á folla de inscrición na que se atopa toda a información. A folla de inscrición deberá entregarse na Oficina de Rexistro do Concello de 9 h a 14 h ou a través da Sede Electrónica Municipal.
PRAZO DE INSCRICIÓN PARA FÚTBOL CAMPO E FÚTBOL SALA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE ALFOZ
30/Agosto/2024

PRAZO DE INSCRICIÓN PARA FÚTBOL CAMPO E FÚTBOL SALA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE ALFOZ

Do 2 ao 13 de setembro abrirase o prazo para inscribirse en fútbol campo e fútbol sala das Escolas Deportivas Municipais de Alfoz. A folla de inscrición deberá entregarse na Oficina de Rexistro do Concello, de 9 h a 14 h. Pincha na noticia para acceder á folla de inscrición na que se atopa toda a información. Tamén se pode rexistrar a través da Sede Electrónica Municipal.
FESTA FIN DE TEMPADA NA PISCINA MUNICIPAL
28/Agosto/2024

FESTA FIN DE TEMPADA NA PISCINA MUNICIPAL

O vindeiro sábado 31 de agosto levarase a cabo unha festa de fin de tempada na piscina municipal de 18 a 20 horas con tobogán inchable e música.
Páxina 15 / 159

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO