Concello de Alfoz
CAMBIO DE HORARIO E APERTURA DA BIBLIOTECA PÚBLICA DURANTE O MES DE AGOSTO
31/Xullo/2024

CAMBIO DE HORARIO E APERTURA DA BIBLIOTECA PÚBLICA DURANTE O MES DE AGOSTO

Durante o mes de agosto a Biblioteca Pública Municipal de Alfoz cambia o seu horario de apertura,como no mes de xullo abrirá polas mañás en horario de 9:00h a 14:30h. Ademais permanecerá pechada dende o día 19 de agosto ata o 30 de agosto, ambos incluídos, por vacacións do persoal.
CAMBIO DE HORARIO E APERTURA DA BIBLIOTECA PÚBLICA DURANTE O MES DE XULLO
25/Xuño/2024

CAMBIO DE HORARIO E APERTURA DA BIBLIOTECA PÚBLICA DURANTE O MES DE XULLO

Durante o mes de xullo a Biblioteca Pública Municipal de Alfoz cambia o seu horario de apertura, abrirá polas mañás en horario de 9:00 h a 14:30h. Ademais permanecerá pechada dende o día 8 de xullo ata o 19 de xullo, ambos incluídos, por vacacións do persoal. Para facer devolucións recordamos que está a vosa disposición o buzón de devolucións na entrada da Casa da Cultura. COMEZA O VERÁN... A DISFRUTAR E A LER MOITOS LIBROS!!
6 DE XULLO: FESTIVAL ATLÁNTICA EN ALFOZ CON JOSÉ LUIS GUTIÉRREZ, DON GUTI, PRESENTANDO "HISTORIAS DE FILANDAR"
25/Xuño/2024

6 DE XULLO: FESTIVAL ATLÁNTICA EN ALFOZ CON JOSÉ LUIS GUTIÉRREZ, DON GUTI, PRESENTANDO "HISTORIAS DE FILANDAR"

O venres día 6 de xullo ás 21:00 h no Castelo de Castrodouro, volve o Festival Atlántica a Alfoz. Nesta ocasión o contador José Luis Gutiérrez, máis coñecido como Don Guti, invita ao público a participar nun espectáculo onde o romance e o conto tradicional vanse zarrapicando da xeografía, da vida das cociñas, dos traballos do campo, das historias de vida de cada informante, e de cada vella que entra e sae do escenario da man deste zamorano. Funciona como un exercicio de agradecemento a quen lle regalou o testemuño dun mundo oral, e aspira a ser, para quen escoita, unha volta ao tempo feliz no que a palabra do vello era necesaria. PINCHA NA NOTICIA se queres saber máis sobre José Luis Gutiérrez.
5 DE XULLO: VOLTA O FESTIVAL ATLÁNTICA A ALFOZ CON AMOR HERRERA E CRIS DE CALDAS  PRESENTANDO "IDA E VOLTA"
24/Xuño/2024

5 DE XULLO: VOLTA O FESTIVAL ATLÁNTICA A ALFOZ CON AMOR HERRERA E CRIS DE CALDAS PRESENTANDO "IDA E VOLTA"

O venres día 5 de xullo ás 21:00 h no Castelo de Castrodouro, volve o Festival Atlántica a Alfoz. A compañía en Branca e Negra (Amor Herrera e Cris de Caldas) trae unha proposta para adultos heteroxénea e composta por elementos da narración oral, do teatro e da música en directo; un espectáculo que lles rende homenaxe ás persoas migrantes, ás de antes e ás de agora. Nesta función levaran ao público de viaxe no espazo e no tempo a través de historias de migracións, sabedoras da importancia de non perder a memoria e da riqueza da diversidade cultural. As dúas pensan que rememorando o pasado, entenderase mellor o presente e respetarase o futuro porque hai historias e contos que teñen billetes de ida e de volta, coma a vida mesma. PINCHA NA NOTICIA se queres saber máis sobre Amor Herrera e Cris de Caldas.
Páxina 17 / 159

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO