21/Xullo/2015
Programa “LecerConsumo 2015”
Un ano máis a Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Galego de Consumo, desenvolverá o Programa LecerConsumo para achegar á pobación os valores de consumo responsable a través de actividades participativas e lúdicas, que este ano xirarán ao redor do lecer, os xogos populares e a publicidade.