Concello de Alfoz
BASES REGULADORAS DA SELECCIÓN DE ARRENDATARIO E RÉXIME DE ALUGUER SOCIAL DE VIVENDA AMUEBLADA SITA NA ESCOLA DE A PINGUELA (LAGOA)
25/Febreiro/2025

BASES REGULADORAS DA SELECCIÓN DE ARRENDATARIO E RÉXIME DE ALUGUER SOCIAL DE VIVENDA AMUEBLADA SITA NA ESCOLA DE A PINGUELA (LAGOA)

Para máis información pincha na noticia e accederás ás bases de participación.
CHARLA INFORMATIVA "RECOMENDACIÓNS ANTE UNHA CONSULTA MÉDICA"
13/Febreiro/2025

CHARLA INFORMATIVA "RECOMENDACIÓNS ANTE UNHA CONSULTA MÉDICA"

28 de febreiro, ás 10:30 horas no Centro Sociocultural. Información e inscricións ata o 24 de febreiro no Concello de Alfoz ou no teléfono 982 55 80 01.
MARÍA EDELMIRA LEGASPI TRELLES CELEBROU O SEU 101 ANIVERSARIO
11/Febreiro/2025

MARÍA EDELMIRA LEGASPI TRELLES CELEBROU O SEU 101 ANIVERSARIO

O 10 de febreiro, María Edelmira Legaspi Trelles, celebrou o seu 101 aniversario en Carballido, Alfoz. A alcaldesa, Efigenia Maseda, achegouse a súa casa e agasallouna cunha cesta de produtos e flores. Dende o Concello de Alfoz, desexámoslle que goce dun moi feliz aniversario.
JOSEFA VIVERO LORENZO, CELEBROU HOXE 100 ANOS
25/Xaneiro/2025

JOSEFA VIVERO LORENZO, CELEBROU HOXE 100 ANOS

Hoxe, 25 de xaneiro, Josefa Vivero Lorenzo, celebrou o seu 100 aniversario en Mor, Alfoz. A alcaldesa, Efigenia Maseda, acompañada polo Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, achegáronse a súa casa e agasallárona cunha placa e un ramo de flores. Dende o Concello de Alfoz, desexámoslle que goce dun moi feliz aniversario.
EXPOSICIÓN: "Á VIOLENCIA DE XÉNERO DILLE...NON!"
21/Xaneiro/2025

EXPOSICIÓN: "Á VIOLENCIA DE XÉNERO DILLE...NON!"

O Castelo de Castrodouro acolle a exposición itinerante "Á violencia de xénero dille... Non!", que se enmarca no programa do Concello de Alfoz contra a violencia de xénero. Está organizada pola Consellería de Política Social e Igualdade a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero. A mostra busca sensibilizar á sociedade sobre a importancia de erradicar esta lacra. Poderase visitar entre o 22 de xaneiro e o 14 de febreiro. A presentación será mañá, 22 de xaneiro, ás 17 horas coa presenza do Director Xeral da Loita contra a Violencia de Xénero.
BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO
24/Decembro/2024

BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO

O Concello de Alfoz deséxavos bo Nadal e próspero aninovo.
Páxina 19 / 169

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO