11/Febreiro/2025
MARÍA EDELMIRA LEGASPI TRELLES CELEBROU O SEU 101 ANIVERSARIO
O 10 de febreiro, María Edelmira Legaspi Trelles, celebrou o seu 101 aniversario en Carballido, Alfoz. A alcaldesa, Efigenia Maseda, achegouse a súa casa e agasallouna cunha cesta de produtos e flores. Dende o Concello de Alfoz, desexámoslle que goce dun moi feliz aniversario.