Concello de Alfoz
JOSEFA VIVERO LORENZO, CELEBROU HOXE 100 ANOS
25/Xaneiro/2025

JOSEFA VIVERO LORENZO, CELEBROU HOXE 100 ANOS

Hoxe, 25 de xaneiro, Josefa Vivero Lorenzo, celebrou o seu 100 aniversario en Mor, Alfoz. A alcaldesa, Efigenia Maseda, acompañada polo Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, achegáronse a súa casa e agasallárona cunha placa e un ramo de flores. Dende o Concello de Alfoz, desexámoslle que goce dun moi feliz aniversario.
EXPOSICIÓN: "Á VIOLENCIA DE XÉNERO DILLE...NON!"
21/Xaneiro/2025

EXPOSICIÓN: "Á VIOLENCIA DE XÉNERO DILLE...NON!"

O Castelo de Castrodouro acolle a exposición itinerante "Á violencia de xénero dille... Non!", que se enmarca no programa do Concello de Alfoz contra a violencia de xénero. Está organizada pola Consellería de Política Social e Igualdade a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero. A mostra busca sensibilizar á sociedade sobre a importancia de erradicar esta lacra. Poderase visitar entre o 22 de xaneiro e o 14 de febreiro. A presentación será mañá, 22 de xaneiro, ás 17 horas coa presenza do Director Xeral da Loita contra a Violencia de Xénero.
BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO
24/Decembro/2024

BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO

O Concello de Alfoz deséxavos bo Nadal e próspero aninovo.
DIVERSIÓN PARA OS MÁIS PEQUENOS PARA REMATAR O ANO
23/Decembro/2024

DIVERSIÓN PARA OS MÁIS PEQUENOS PARA REMATAR O ANO

Tedes plans para o domingo 29 e o luns 30 de decembro? Dende a área de cultura queremos que veñades rematar ano de xeito divertido a Alfoz: xogos, inchables, pintacaras, toro mecanico, láser tag... actividades ata os 18 anos! Dende as 17.30h ata as 20.30h, totalmente de balde!
CONCERTO DE FIN DE ANO DA BANDA DE MÚSICA MESTRE LÓPEZ
23/Decembro/2024

CONCERTO DE FIN DE ANO DA BANDA DE MÚSICA MESTRE LÓPEZ

O próximo sábado 28 de decembro ás 19.30 h temos un concerto para despedir o ano na Casa da Cultura de Alfoz! Os nenos e nenas da Banda de Música Mestre López de O Valadouro farannos un concerto moi emotivo! Non o perdades!
CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA O TRANSPORTE, ACTIVIDADES DEPORTIVAS, EDUCATIVAS E FORMATIVAS
11/Decembro/2024

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA O TRANSPORTE, ACTIVIDADES DEPORTIVAS, EDUCATIVAS E FORMATIVAS

Aberto o prazo de solicitudes de subvencións do Concello de Alfoz para transporte e a promoción de actividades deportivas, educativas e formativas correspondentes ao ano 2024. Data límite de presentación de solicitudes para as subvencións deportivas, educativas e formativas o 26 de decembro de 2024 e para as de transporte o 3 de xaneiro de 2025. Acceso á convocatoria pinchando na noticia.
Páxina 21 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO