Concello de Alfoz
5 DE XULLO: VOLTA O FESTIVAL ATLÁNTICA A ALFOZ CON AMOR HERRERA E CRIS DE CALDAS  PRESENTANDO "IDA E VOLTA"
24/Xuño/2024

5 DE XULLO: VOLTA O FESTIVAL ATLÁNTICA A ALFOZ CON AMOR HERRERA E CRIS DE CALDAS PRESENTANDO "IDA E VOLTA"

O venres día 5 de xullo ás 21:00 h no Castelo de Castrodouro, volve o Festival Atlántica a Alfoz. A compañía en Branca e Negra (Amor Herrera e Cris de Caldas) trae unha proposta para adultos heteroxénea e composta por elementos da narración oral, do teatro e da música en directo; un espectáculo que lles rende homenaxe ás persoas migrantes, ás de antes e ás de agora. Nesta función levaran ao público de viaxe no espazo e no tempo a través de historias de migracións, sabedoras da importancia de non perder a memoria e da riqueza da diversidade cultural. As dúas pensan que rememorando o pasado, entenderase mellor o presente e respetarase o futuro porque hai historias e contos que teñen billetes de ida e de volta, coma a vida mesma. PINCHA NA NOTICIA se queres saber máis sobre Amor Herrera e Cris de Caldas.
A NOSA VECIÑA INÉS MARTÍNEZ, PREMIADA NA FASE PROVINCIAL DO CONCURSO DE DEBUXO LETRAS GALEGAS 2024
21/Xuño/2024

A NOSA VECIÑA INÉS MARTÍNEZ, PREMIADA NA FASE PROVINCIAL DO CONCURSO DE DEBUXO LETRAS GALEGAS 2024

O concello de Alfoz felicita a Inés Martínez García, rapaza veciña do concello, polo seu 2º premio na categoría C de debuxo infantil Letras Galegas 2024, na fase provincial do concurso, organizado pola Biblioteca Municipal de Lugo.
LUDIVERÁN ALFOZ 2024
19/Xuño/2024

LUDIVERÁN ALFOZ 2024

O Concello de Alfoz presenta Ludiverán Alfoz 2024 cunha ampliación de horario para facilitar a conciliación das nosas familias. Este verán as familias poderán deixar aos máis pequeños ás 9 ou 10 horas e recollelos ás 13:30 ou 14 horas, para adaptarse mellor ás necesidades de cada unidade familiar. Para Máis información pincha na noticia.
Entrega de premios no certame de narración e debuxo das Letras Galegas 2024 da biblioteca pública municipal de Alfoz
18/Xuño/2024

Entrega de premios no certame de narración e debuxo das Letras Galegas 2024 da biblioteca pública municipal de Alfoz

A entrega de premios para os gañadores, así como un pequeno detalle para todos os nenos e nenas participantes, terá lugar o día 22 de xuño despois do contacontos de Iseo A Moura, ás 19:30h na Casa da Cultura de Alfoz.
FOGUEIRAS SAN XOÁN 2024
11/Xuño/2024

FOGUEIRAS SAN XOÁN 2024

Páxina 24 / 165

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO