Concello de Alfoz
"LEO E A MÚSICA" DO GRUPO TRÉMOLA NA ESCOLA INFANTIL DE ALFOZ
29/Setembro/2024

"LEO E A MÚSICA" DO GRUPO TRÉMOLA NA ESCOLA INFANTIL DE ALFOZ

O luns 7 de outubro ás 10:30h, a Delegación de Cultura de Alfoz, ten programa a actuación do Grupo Tremola na Escola Infantil Galiña Azul de Alfoz, co espectáculo "LEO E A MÚSICA" como todos os anos, unha actividade dirixida aos máis pequenos e ás súas familias dentro do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
III CARREIRA POPULAR ALFOZ VALADOURO
28/Setembro/2024

III CARREIRA POPULAR ALFOZ VALADOURO

O 5 de outubro terá lugar a III Carreira Popular Alfoz Valadouro. A saída da andaina e carreira absoluta terá lugar dende diante da piscina municipal de Alfoz ás 10h e ás 10:30h, respectivamente. As probas de menores serán a partir das 11:30h saíndo do entorno do pavillón do Valadouro. A entrega de dorsais efectuarase no pavillón municipal de Alfoz. Na presentación da carreira estiveron Manolo Cadramón, Xefe dos Servizos Provinciais de Deportes da Xunta de Galicia; José Manuel Lamela, Alcalde do Valadouro; Efigenia Maseda, Alcaldesa de Alfoz; Ana Rubal e Eliseo Lorenzo, Concelleiros de Deportes do Valadouro e Alfoz. Se entras na noticia poderás acceder á inscrición.
NOVO HORARIO DE APERTURA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE ALFOZ
25/Setembro/2024

NOVO HORARIO DE APERTURA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE ALFOZ

O novo horario de apertura da Biblioteca Pública Municipal será os luns, mércores e venres en horario de 16.30 h a 19.30 h.
SOBES AO AUTOBÚS DO TEATRO? DOMINGO 6 DE OUTUBRO OBRA "TERCEIRO ACTO" CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
24/Setembro/2024

SOBES AO AUTOBÚS DO TEATRO? DOMINGO 6 DE OUTUBRO OBRA "TERCEIRO ACTO" CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

O próximo domingo 6 de outubro chega a Alfoz o autobús do teatro, sobes? É unha actividade dentro do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego. Este autobús sairá da Casa do Concello de Alfoz ás 14.15h e levaranos ata Santiago de Compostela para desfrutar da obra "TERCEIRO ACTO", unha producción do Centro Dramático Galego. O prezo da entrada para a función será de 5€ e o autobús gratuíto. Entón, SOBES AO AUTOBÚS DO TEATRO? PLAZAS LIMITADAS, INCRIPCIÓNS NO TELÉFONO 982 55 80 01 OU NO CONCELLO DE ALFOZ
XXX FESTIVAL DA TERCEIRA IDADE DE ALFOZ
20/Setembro/2024

XXX FESTIVAL DA TERCEIRA IDADE DE ALFOZ

O vindeiro domingo, 13 de outubro, terá lugar o “XXX FESTIVAL DA TERCEIRA IDADE”, para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas, empadroadas no Concello de Alfoz, que poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes. Os actos comezarán ás 13:00 horas cunha misa na Igrexa Parroquial de San Pedro de Mor. A continuación celebrarase unha comida de fraternidade no Pavillón Municipal de Alfoz, así como diversos actos. As persoas interesadas en participar no nomeado evento deberán inscribirse na Oficina de Servizos Sociais do Concello ata o venres, 4 de outubro de 2024.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADULTOS CURSO 24/25: AERÓBIC, XIMNASIA DE MANTEMENTO, IOGA E PILATES
19/Setembro/2024

ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADULTOS CURSO 24/25: AERÓBIC, XIMNASIA DE MANTEMENTO, IOGA E PILATES

O venres 20 de setembro ábrese a inscrición para as modalidades deportivas de ximnasia de mantemento, aeróbic, ioga e pilates. Prazas limintadas, por orde de entrada. Deben entregarse as solicitudes no Concello de Alfoz (Oficina de Rexistro ou Sede Electrónica) do 20 ao 27 de setembro. Comenzan en outubro e rematan en maio. Pincha na noticia e verás máis información na folla de inscrición ou no tfno. 982 558 001.
Páxina 25 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO