Concello de Alfoz
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS: PATINAXE E ATLETISMO. INSCRICIÓNS DO 20 AO 27 DE SETEMBRO
19/Setembro/2024

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS: PATINAXE E ATLETISMO. INSCRICIÓNS DO 20 AO 27 DE SETEMBRO

As Escolas Deportivas Municipais inclúen as modalidades de patinaxe e atletismo, dirixido a nenas e nenos de 4 a 16 anos. As clases de patinaxe serán os luns de 16 a 17h e para atletismo os venres de 16 a 17 h, ambas no pavillón municipal. O período de inscrición ábrese o venres 20 de setembro e permanecerá aberto ata o 27 de setembro. As solicitudes deberán entregarse na Casa do Concello (Oficina de Rexistro ou Sede Electrónica Municipal). As prazas están limitadas e accédese por rigurosa orde de inscrición. Pincha na noticia e descarga o modelo de solicitude.
DENDE O DÍA 16 DE SETEMBRO E DURANTE TODA A SEMANA A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL PERMANECERÁ PECHADA
15/Setembro/2024

DENDE O DÍA 16 DE SETEMBRO E DURANTE TODA A SEMANA A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL PERMANECERÁ PECHADA

Dende este luns día 16 de setembro e durante toda a semana a Biblioteca Pública Municipal permanecerá pechada. Desculpen as molestias que poda ocasionar. Poden empregar o buzón de devolucións se desexar devolver algún libro en préstamos. Grazas.
SÁBADO 28 DE SETEMBRO: A PRESA - GRUPO HUMORÍSTICO TRÍPODE
12/Setembro/2024

SÁBADO 28 DE SETEMBRO: A PRESA - GRUPO HUMORÍSTICO TRÍPODE

O sábado día 28 de setembro ás 21 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, os nosos veciños do Grupo Humorístico Trípode, presentan a súa nova obra: A PRESA.
SÁBADO 21 SETEMBRO: SUPERCOROZA. NA EIRA E NA LAREIRA
12/Setembro/2024

SÁBADO 21 SETEMBRO: SUPERCOROZA. NA EIRA E NA LAREIRA

O sábado 21 de setembro ás 19.30h contaremos co espectáculo de A Xanela do Maxín: SUPERCOROZA. NA EIRA E NA LAREIRA. SUPERCOROZA, protagonista de Na Eira e na Lareira, é salvagarda do noso: da nosa xente, da nosa lingua, música, contos e tradicións. O seu superpoder é a recuperación da tradición e procura a transmisión cultural a través da música, baile, contos… dun xeito ameno, divertido e participativo. ?Neste espectáculo cantarase e contarase como se facía de antigo, para que estas historias e cancións poidan seguir transmitíndose de xeración en xeración, ofrecendo unha xanela única ao noso pasado colectivo.
CULTURA PEQUENIÑA MES DE SETEMBRO
12/Setembro/2024

CULTURA PEQUENIÑA MES DE SETEMBRO

Volve o programa cultura pequeniña neste mes de setembro, nesta ocasión será o sábado 21 e contará ás 17h cun obradoiro de "EXPERIMENTOS NA BIBLIOTECA" e a continuación ás 19.30h cun espectáculo no salón de actos titulado "SUPERCOROZA, NA EIRA E NA LAREIRA"
VOLTA DO HORARIO DE TARDES DA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE ALFOZ
31/Agosto/2024

VOLTA DO HORARIO DE TARDES DA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE ALFOZ

Logo de cambios no horario de apertura da biblioteca durante o verán, volve o horario de tarde a partir do luns 2 de setembro. O horario de apertura será dende as 15:00h ata as 20:30h, de luns a venres.
Páxina 26 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO