Concello de Alfoz
CULTURA PEQUENIÑA OUTUBRO: ENTREGAR AS INSCRICIÓNS NO CONCELLO (REXISTRO) OU NO BUZÓN DA BIBLIOTECA (NO EXTERIOR DA CASA DA CULTURA)
15/Outubro/2023

CULTURA PEQUENIÑA OUTUBRO: ENTREGAR AS INSCRICIÓNS NO CONCELLO (REXISTRO) OU NO BUZÓN DA BIBLIOTECA (NO EXTERIOR DA CASA DA CULTURA)

Como a Biblioteca Municipal estará pechada por descanso do persoal durante este mes de outubro, as inscricións, que estarán dispoñibles no Concello e se enviarán ao CEIP Castro de Ouro, deberán entregarse no Concello ou no buzón da biblioteca. PINCHA na noticia e accede ao modelo de inscrición para descargar.
ABERTO O PRAZO PARA AS SOLICITUDES DE AXUDAS PARA O TRANSPORTE DE ESTUDANTES DE BAC E FP EN CENTROS PÚBLICOS DA COMARCA DA MARIÑA E PARA ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL QUE ASISTA A CENTROS DE FORMACIÓN OCUPACIONAL DA MARIÑA. CURSO 2023-2024.
03/Outubro/2023

ABERTO O PRAZO PARA AS SOLICITUDES DE AXUDAS PARA O TRANSPORTE DE ESTUDANTES DE BAC E FP EN CENTROS PÚBLICOS DA COMARCA DA MARIÑA E PARA ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL QUE ASISTA A CENTROS DE FORMACIÓN OCUPACIONAL DA MARIÑA. CURSO 2023-2024.

Convocatoria de axudas para o transporte de estudantes de Bacharelato e ciclos formativos en centros públicos da Comarca da Mariña e para o alumnado con diversidade funcional que asista a Centros de Formación Ocupacional da Mariña. Curso 2023-2024.
"TOUPICIENCIA" DA XANELA DO MAXÍN. SÁBADO 21 DE OUTUBRO.
01/Outubro/2023

"TOUPICIENCIA" DA XANELA DO MAXÍN. SÁBADO 21 DE OUTUBRO.

O sábado 21, ás 19:30h, no Salón de Actos da Casa da Cultura, dentro do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, contaremos coa actuación da Xanela do Maxín en "Toupiciencia", dirixida a todos os públicos. A Toupiña e o seu axudante Protonio, despois de descubrir a ciencia que se fai en Galicia, andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar, ademais de poñer en valor o galego como lingua científica e gozar coa aprendizaxe e o coñecemento.
PROGRAMA CULTURA PEQUENIÑA PARA OUTUBRO
01/Outubro/2023

PROGRAMA CULTURA PEQUENIÑA PARA OUTUBRO

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos, de balde, con inscrición previa na Biblioteca Municipal a partir do venres 13 de outubro. O sábado 21, quedamos ás 17:00h na Biblioteca para aprender sobre ciencia e contaminación no Obradoiro "Experimentando" que rematará ás 19:00h. (Lembrade que ese día ás 19:30h temos a actuación da Xanela do Maxín "Toupiciencia"). E o sábado 28, celebraremos o Día da Biblioteca desde as 17:00h ata as 20:00h con distintos xogos para pasar unha tarde superdivertida na Biblioteca (actividade incluida dentro do Plan Único da Deputación de Lugo, Área de Cultura)
Páxina 28 / 159

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO