01/Outubro/2023
CHARLA INFORMATIVA PARA O NOVO CONTEDOR MARRÓN: FRACCIÓN ORGÁNICA
Venres 6 de outubro, no Salón de Actos da Casa da Cultura. O Concello de Alfoz coa Mancomunidade de Concellos da Mariña, organiza estas sesións informativas para a poboación ante a implantación do novo contedor para restos orgánicos. Tratarase de aprender cómo usalo correctamente, pero tamén de fomentar a compostaxe individual e hábitos responsables na xestión de residuos. Entregarase aos asistentes distintos materiais: bolsas biodegradables, contedores individuais, sacas para poda...Tamén se levará a cabo de forma específica para o Programa Activamente a finais de mes.