Concello de Alfoz
PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2023
22/Setembro/2023

PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2023

Ata o 18 de outubro, na Oficina de Servizos Sociais do Concello de Alfoz, con cita previa no teléfono 982 238 920. Pincha na noticia para ver toda a información no cartel: destinos, datas, documentación a presentar, requisitos...
DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA GRATUÍTA O 23 DE SETEMBRO DIANTE DO CONCELLO
20/Setembro/2023

DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA GRATUÍTA O 23 DE SETEMBRO DIANTE DO CONCELLO

O venres día 23 de setembro poderedes degustar de balde produtos do mar entre as 12:00 e as 15:00 e as 18:00 e as 21:00
ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADULTOS CURSO 23/24: AERÓBIC, XIMNASIA DE MANTEMENTO, IOGA E PILATES
15/Setembro/2023

ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADULTOS CURSO 23/24: AERÓBIC, XIMNASIA DE MANTEMENTO, IOGA E PILATES

O luns 18 de setembro ábrese a inscrición para as modalidades deportivas de ximnasia de mantemento, aeróbic, ioga e pilates. Prazas limintadas, por orde de entrada. Deben entregarse as solicitudes no Concello de Alfoz (Oficina de Rexistro ou Sede Electrónica) do 18 ao 25 de setembro. Comenzan en outubro e rematan en maio. Pincha na noticia e verás máis información na folla de inscrición ou no tfno. 982 558 001.
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS: PATINAXE E ATLETISMO. INSCRICIÓNS DO 18 AO 25 DE SETEMBRO
15/Setembro/2023

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS: PATINAXE E ATLETISMO. INSCRICIÓNS DO 18 AO 25 DE SETEMBRO

As Escolas Deportivas Municipais inclúen as modalidades de patinaxe e atletismo, dirixido a nenas e nenos de 4 a 16 anos. As clases de patinaxe serán os luns en sesións de 1h por grupo desde as 16:00h e para atletismo os venres de 16 a 17 h, ambas no pavillón municipal. O período de inscrición ábrese o luns 18 de setembro e permanecerá aberto ata o 25 de setembro. As solicitudes deberán entregarse na Casa do Concello (Oficina de Rexistro ou Sede Electrónica Municipal). As prazas están limitadas e accédese por rigurosa orde de inscrición. Pincha na noticia e descarga o modelo de solicitude.
FUENSANTA BALSEIRO MARTÍNEZ CUMPRE HOXE 102 ANOS
12/Setembro/2023

FUENSANTA BALSEIRO MARTÍNEZ CUMPRE HOXE 102 ANOS

Hoxe, 12 de setembro, Fuensanta Balseiro Martínez, celebra o seu 102 aniversario. É, polo tanto, a veciña máis lonxeva de Alfoz. A alcaldesa, Efigenia Maseda, acompañada polo Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, agasallárona cunha cesta con diferentes produtos e unha das plantas que máis lle gustan. Desexámoslle un feliz cumpreanos en nome do Concello de Alfoz.
CHEGA A ALFOZ ENREDANDO
07/Setembro/2023

CHEGA A ALFOZ ENREDANDO

O vindeiro luns 11 de setembro chega a Alfoz Enredando. Esta iniciativa da Cruz Vermella ofrecerá información ás persoas interesadas sobre o uso das novas tecnoloxías. Entre as 11 e as 14 horas poderás acercarte para coñecer os usos da aplicación da banca electrónica, pedir cita no médico a través do móbil, aprender a usar o navegador, whatsapp ou calquera aplicación de interese. A situación será no aparcamento ao lado da Casa do Concello ou en caso de mal tempo na Casa da Cultura.
Páxina 30 / 159

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO