Concello de Alfoz
CHEGA A ALFOZ ENREDANDO
07/Setembro/2023

CHEGA A ALFOZ ENREDANDO

O vindeiro luns 11 de setembro chega a Alfoz Enredando. Esta iniciativa da Cruz Vermella ofrecerá información ás persoas interesadas sobre o uso das novas tecnoloxías. Entre as 11 e as 14 horas poderás acercarte para coñecer os usos da aplicación da banca electrónica, pedir cita no médico a través do móbil, aprender a usar o navegador, whatsapp ou calquera aplicación de interese. A situación será no aparcamento ao lado da Casa do Concello ou en caso de mal tempo na Casa da Cultura.
SINFÓNICO NO RURAL. NOVO CURSO EN ALFOZ.
04/Setembro/2023

SINFÓNICO NO RURAL. NOVO CURSO EN ALFOZ.

Este espazo colectivo favorece o benestar integral e a transformación sociocultural a través da música e está dirixdo a nenos de 7 a 12 anos. Para solicitar máis información ou facer xa a preinscripción para o este curso haberá que chamar ao 699 410 878. Sinfónico no Rural é programa de educación musicosocial inclusivo, de balde para os nenos, subvencionado pola Concellalía de Cultura do Concello de Alfoz e realizado pola Fundación Xesús Bal y Gay iniciado o curso pasado e dirixido á infancia que, a través da música, pretende formar persoas que de maneira activa e equilibrada constrúan unha comunidade máis xusta e transformadora. Así pois, os nenos e nenas son os protagonistas do programa, xa que eles serán en axentes activos neste cambio.
XORNADA MICOLÓXICA E DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA
04/Setembro/2023

XORNADA MICOLÓXICA E DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA

O sábado 16 de setembro terá lugar esta actividade dentro das accións de promoción da Reserva da Biosfera Terras de Miño da que Alfoz forma parte. Organízase unha saída ao campo interpretativa e de introdución á identificación de especies na que, ademais, se ensinarán boas prácticas do recolector, divulgando así cal é o uso e disfrute apropiado e sostible deste importante recurso. Ademais de identificar e colleitar, explicarase o valor dos fungos no medio natural e para os seres humanos. Jesús Blanco García, micólogo e presidente da Asociación Amigos das setas Os Bolouros, colectivo que leva en activo desde 1978 difundindo o mundo dos cogomelos a través de numerosas colaboracións con centros educativos e concellos para dar a coñecer a micoloxía e fomentar un uso sostible do recurso, será o encargado de guiarnos nesta xornada. Para rematar a xornada, levarase a cabo unha degustación gastronómica para os participantes na Cafetería da Casa da Cultura de Alfoz, onde tamén se poderá ver unha pequena exposición ou mostra de distintos exemplares de cogomelos que podemos atopar na nosa zona. A saída será ás 16:30h desde a Casa do Concello de Alfoz, e é necesario inscribirse previamente desde o 4 de setembro no teléfono 982 558 001 (ext.3). As prazas son limitadas e ocuparanse por orde de solicitude. A actividade é de balde. Recoméndase aos participantes levar calzado axeitado, navalla e cesta para a recollida de cogomelos.
DO 1 AO 7 DE SETEMBRO ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN: MADRUGADORES, OES E INGLÉS.
31/Agosto/2023

DO 1 AO 7 DE SETEMBRO ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN: MADRUGADORES, OES E INGLÉS.

Do 1 ao 7 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para anotarse en Madrugadores, OES e Inglés. Este curso contaremos cunha ampliación de horario: Madrugadores será de 7:30 h a 9:30 h e OES nos meses de setembro e xuño será de 15:30 h a 19 h. Pincha na nova para acceder á folla de inscrición na que se atopa toda a información. A folla de inscrición deberá entregarse na Oficina de Rexistro do Concello de 9 h a 14 h ou a través da Sede Electrónica Municipal.
PRAZO DE INSCRICIÓN PARA FÚTBOL CAMPO E FÚTBOL SALA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE ALFOZ
31/Agosto/2023

PRAZO DE INSCRICIÓN PARA FÚTBOL CAMPO E FÚTBOL SALA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE ALFOZ

Do 1 ao 7 de setembro abrirase o prazo para inscribirse en fútbol campo e fútbol sala das Escolas Deportivas Municipais de Alfoz. A folla de inscripción deberá entregarse na Oficina de Rexistro do Concello, de 9 h a 14 h. Pincha na noticia para acceder á folla de inscrición na que se atopa toda a información. Tamén se pode rexistrar a través da Sede Electrónica Municipal.
PROGRAMA "CULTURA PEQUENIÑA". Setembro, sábados 23 e 30. De 17:00h a 19:00h Obradoiros na Biblioteca. Ás 19:00h monicreques e contacontos no Salón de Actos.
29/Agosto/2023

PROGRAMA "CULTURA PEQUENIÑA". Setembro, sábados 23 e 30. De 17:00h a 19:00h Obradoiros na Biblioteca. Ás 19:00h monicreques e contacontos no Salón de Actos.

Programa Cultura Pequeniña. 2 sábados do mes de setembro (e outros 2 de outubro) dedicados aos nenos e nenas con obradoiros na Biblioteca e unha proposta cultural de teatro, contacontos, monicreques ou máxia. De 3 a 12 anos, con inscrición previa na biblioteca onde estarán dispoñibles a solicitudes a partir do 13 de setembro. Tamén se enviarán ao CEIP Castro de Ouro. No mes de setembro o tema será o coidado do medio ambiente. Sábado 23 de setembro: De 17:00h a 19:00h quedamos na Biblioteca para facer arte con materiais reciclados e da natureza no obradoiro ReciclARTE. Ás 19:00h no Salón de Actos teremos "O galo Quirico e os seus amigos" de Seisdedos, incluído no Programa Ler conta moito da Xunta de Galicia para público infantil e familiar. Xunto con algúns números de marionetas tradicionais no que os espectadores participan cantando e danzando, preséntanse o conto popular “O Galo Quirico”. Unha posta en escena con marionetas e teatriño de cartón, formato de espectáculo recuperado pola compañía para esta ocasión e con música en directo. Sábado 30 de setembro: De 17:00h a 19:00h, na Biblioteca, teremos o obradoiro Pinga a Pinga, para coñecer máis sobre a auga e o seu coidado a través de vídeos, manualidades e dinámicas de grupo. As 19:00h no Salón de Actos, disfrutaremos con Raquel Queizás, coa "Soñadora das árbores", chamábanlle así desde pequena porque sempre estaba "na póla". O que máis lle gustaba era perderse no monte para escoitar as historias que contaban as árbores senlleiras, as árbores nai. Ata que un día pedíronlle axuda!! Non o dubidou un intre, empoleirouse no vello carballo para evitar que o tallaran. E cambioulle a vida... Só comunicándonos máis intensamente coa natureza, podemos ser capaces de comprendela, respectala e ao mesmo tempo valorar todo o que nos ofrece para crear un mundo máis transitable e saudábel. "SOÑADORA DAS ÁRBORES" é un espectáculo de narración oral baseado nunha historia real e en lendas de diferentes culturas que exploran a relación entre as persoas e a natureza.
Páxina 31 / 160

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO