Concello de Alfoz
QUERES TER O CARNET DE SUPERLECTOR/A DA BIBLIOTECA DE ALFOZ?
29/Agosto/2023

QUERES TER O CARNET DE SUPERLECTOR/A DA BIBLIOTECA DE ALFOZ?

A partir do venres 1 de setembro podes pedir na Biblioteca Municipal de Alfoz ou teu carné de superlector/a. Cada vez que leves en préstamo un libro sumarás unha "estreliña" non teu carné e cando acades 12 terás ou primeiro agasallo e así sucesivamente. Só tés que ter carné dá Rede de Bibliotecas de Galicia, se non ou tés non te preocupes, faise na Biblioteca de balde. Os carnés infantís son ata 14 anos. Pásate pola biblioteca e descobre a cantidade de libros que temos para ti...
PLAN MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL 23-24
24/Agosto/2023

PLAN MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL 23-24

O Concello de Alfoz resultou beneficiario dunha axuda ao abeiro da Resolución de 28 de febreiro de 2023 da directora xeral de Agader pola que se aproba o Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2024 en Galicia (DOG n" 44 do 3 de marzo de 2023), código de procedemento PM/23-0236, para a execución dos proxectos de obra e control de calidade de MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO AS ENTIDADES DE POBOACIÓN SISTO E VILAUDE E MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO AS ENTIDADES DE POBOACIÓN DE ANIDO, A IGREXA E A CRUZ. O importe da axuda ascende a 68.833,00 euros, o que representa o 100% da axuda respecto do orzamento aceptado , E ESTÁ FINANCIADO CON FONDOS DA UNION EUROPEA na proporción que se observa na imaxe.
A CIENCIENETA VISITA ALFOZ
21/Agosto/2023

A CIENCIENETA VISITA ALFOZ

O sábado 26 de agosto nas piscinas municipais visitaranos a Ciencieneta para desfrutar da ciencia a través dun obradoiro e música de forma gratuíta para todas as idades.
PRESENTACIÓN DO CADERNO Nº 12 DO SEVA, DITOS E REFRÁNS DO VALADOURO ILUSTRADO E EXPOSICIÓN DE XOSÉ BRANCO NO CASTELO DE CASTRODOURO
21/Agosto/2023

PRESENTACIÓN DO CADERNO Nº 12 DO SEVA, DITOS E REFRÁNS DO VALADOURO ILUSTRADO E EXPOSICIÓN DE XOSÉ BRANCO NO CASTELO DE CASTRODOURO

O Seminario de Estudos do Valadouro, SEVA, presentará o vindeiro venres, 25 de agosto ás 20:00h no Castelo de Castrodouro un novo caderno, "Ditos e refráns do Valadouro" ilustrados por Xosé Branco e a exposición da súa obra que permanecerá na Sala 2 do Castelo ata finais de outubro. Lionel Rexes, autor da recopilación desta mostra da tradición oral da zona do Val do Ouro será o encargado de abrir o acto no que intervirán tamén Xosé Blanco, pintor e deseñador e membros da directiva do SEVA, entidade que desde 2012 traballa para a dinamización cultural de Alfoz e O Valadouro. O Concello de Alfoz, a través da Delegación de Cultura, colabora nesta proposta cultural, agradecendo a implicación do Seminario de Estudos do Valadouro na súa labor de por en valor e dar a coñecer a gran riqueza cultural, histórica e patrimonial do Val.
"O NOSO TEATRO". ENCONTRO TEATRAL: Xesús Pisón e Manuel Lourenzo.
07/Agosto/2023

"O NOSO TEATRO". ENCONTRO TEATRAL: Xesús Pisón e Manuel Lourenzo.

Venres 18 de agosto, ás 20:30h na Casa da Cultura de Alfoz. Presentación da man de Lionel Rexes. Lecturas dramatizadas de "Nai vella" de Xesús Pisón interpretada por Inma Orol e "Belicosario" de Manuel Lourenzo interpretada polo autor e por Pepa Lorenzo. A terceira parte do evento será o relato dos dramaturgos sobre os seus comezos no teatro e rematarase cun coloquio entre os asistentes.
Páxina 32 / 160

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO