Concello de Alfoz
Charla informativa CONTROL E XESTIÓN DA DOR
16/Febreiro/2024

Charla informativa CONTROL E XESTIÓN DA DOR

Durante a mañá de hoxe tivo lugar un obradoiro sobre o Control e xestión da dor durante o cal se abordaron as diferenzas entre a dor crónica e a dor aguda e se proporcionaron habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que a presentan na súa vida diaria. As persoas asistentes coñeceron algunhas estratexias e recomendacións sobre hábitos de vida saudables que poden axudar a combatir a dor (rutinas diarias, hixiene corporal e postural, sono e descanso, exercicio físico, alimentación saudable...) así como alternativas non farmacolóxicas como fisioterapia, acupuntura, meditación, relaxación, psicoterapia... para o seu tratamento. A actividade realizouse en colaboración coa Escola Galega de Saúde.
 MARÍA EDELMIRA LEGASPI TRELLES, CELEBROU HOXE 100 ANOS
10/Febreiro/2024

MARÍA EDELMIRA LEGASPI TRELLES, CELEBROU HOXE 100 ANOS

Hoxe, 10 de febreiro, María Edelmira Legaspi Trelles, celebrou o seu 100 aniversario en Carballido, Alfoz. A alcaldesa, Efigenia Maseda, acompañada polo Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, achegáronse a súa casa e agasallárona cunha placa e un ramo de flores. Dende o Concello de Alfoz, desexámoslle que goce dun moi feliz aniversario.
CHARLA INFORMATIVA "CONTROL E XESTIÓN DA DOR"
28/Xaneiro/2024

CHARLA INFORMATIVA "CONTROL E XESTIÓN DA DOR"

Durante o obradoiro proporcionaranse habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que presentan dor aguda e crónica, así como información sobre diferentes alternativas para a avaliación e tratamento da dor. As persoas interesadas en inscribirse na actividade poden facelo ata o 9 de febreiro, presencialmente no Concello de Alfoz ou no teléfono 982 55 80 01. O obradoiro, impartido por Enrique del Arco Herrero, realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde.
PRESENTACIÓN DO CADERNO Nº 13 DO SEMINARIO DE ESTUDOS DO VALADOURO
07/Xaneiro/2024

PRESENTACIÓN DO CADERNO Nº 13 DO SEMINARIO DE ESTUDOS DO VALADOURO

O vindeiro venres, 12 de xaneiro, ás 20:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar a presentación dun novo caderno do SEVA. "Textos e contextos da emigración do Valadouro en Cuba" de Prudencio Vivero Mogo. Organizado polo SEVA coa colaboración da Delegación de Cultura do Concello de Alfoz.
PREMIOS XXI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
22/Decembro/2023

PREMIOS XXI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

O domingo 17 de decembro, ao remate do espectáculo de Brais das Hortas, fíxeronse públicos os gañadores/as do XXI Concurso de Postais de Nadal. Este ano o premio para a categoría de Educación Infantil foi para MARTIÑO RAMIL VIZOSO, o da categoría de 1º ciclo de Educación Primaria foi para ROI PÉREZ DÍAZ, o da categoría de 2º ciclo de Educación Primaria foi para LEYRE CARBALLAL SOUTO e, ademais, nesta mesma categoría otorgouse un Premio Especial do Xurado a UXÍA VIVERO SANTÍN ante a gran dificultade coa que se atopou o xurado pola calidade de todos os traballos presentados. Todo o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz participante ten un diploma e un pequeno agasallo polo seu esforzo e creatividade. Os nenos e nenas que non o recolleron o pasado 17 de decembro poden achegarse á Biblioteca Municipal (a partir de xaneiro porque agora están de vacacións). Este concurso está incluído dentro das Actividades de Dinamización da Biblioteca, no Plan Único da Deputación Provincial e subvencionado pola mesma.
Páxina 34 / 171

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO