24/Maio/2023
CHARLA FORMATIVA SOBRE COIDADOS BÁSICOS DO OÍDO. LUNS 12 DE XUÑO.
Ás 18:00h do luns, 12 de xuño, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, teremos unha charla formativa para aprender a coidar dos nosos oídos. Impartida polo persoal de Coidados Porta a Porta que os días 8, 9 e 12 de xuño estará en Alfoz. A actividade é aberta ao público en xeral, gratuíta e sen necesidade de inscribirse antes, ....¡anímate a vir e aprende a coidarte!