Concello de Alfoz
BANDO EXPOSICIÓN PLAN BÁSICO
20/Marzo/2024

BANDO EXPOSICIÓN PLAN BÁSICO

Exposición ao público dous meses no Servizo Provincial de Urbanismo da Xefatura Territorial de Lugo e na Casa do Concello de Alfoz. Se pinchas na noticia tamén poderás acceder ao enlace coa documentación.
EMPREGO: ARQUITECTO/A TÉCNICO/A
19/Marzo/2024

EMPREGO: ARQUITECTO/A TÉCNICO/A

Convocatoria para o proceso de selección dunha praza de Arquitecto/a Técnico/a adscrito á área funcional de urbanismo, obras e servizos, desenvolvemento local, medio ambiente e medio rural do Concello de Alfoz, persoal funcionario de carreira, correspondente ao Grupo A, Subgrupo A2, escala Administración Especial, Subescala Técnica, mediante o sistema de concurso- oposición libre. Prazo de presentación de instancias: 20 días hábiles dende o 20 de marzo do 2024. Máis información pinchando na noticia para ver a convocatoria e a instancia de participación.
CICLO DE MÚSICA DE PRIMAVERA. SÁBADOS 13, 20 E 27 DE ABRIL EN ALFOZ
10/Marzo/2024

CICLO DE MÚSICA DE PRIMAVERA. SÁBADOS 13, 20 E 27 DE ABRIL EN ALFOZ

Ás 19:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura. Sábado 13: Orquestra de corda do Conservatorio de Viveiro. Sábado 20: Asociación de Acordeonistas da Mariña. Sábado 27: Coral Polifónica de Foz. Fai un oco na túa axenda para vir desfrutar da música a Alfoz!!
 27 DE MARZO: FESTA INFANTIL NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE 16:30H A 20:30H
10/Marzo/2024

27 DE MARZO: FESTA INFANTIL NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE 16:30H A 20:30H

A Área de Cultura do Concello de Alfoz organiza para esta Semana Santa, unha festa infantil para que os máis novos desfruten con inchables, globoflexia, xogos xigantes, e sorpresas. A entrada é libre e de balde coma sempre e a actividade está dirixida a todos os nenos e nenas que queiran vir pasar a tarde con nós. Despois do éxito deste formato levado a cabo nas vacacións do Nadal, repetimos....
XOVES 21: MONICREQUES DE KUKAS PRESENTA "XAN PERILLÁN, COMPRA QUEIXO, COMPRA PAN" PARA O ALUMNADO DO CEIP CASTRO DE OURO DE ALFOZ.
10/Marzo/2024

XOVES 21: MONICREQUES DE KUKAS PRESENTA "XAN PERILLÁN, COMPRA QUEIXO, COMPRA PAN" PARA O ALUMNADO DO CEIP CASTRO DE OURO DE ALFOZ.

Ás 15:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura os nenos e nenas do CEIP Castro de Ouro de Alfoz ( e tamén todas as persoas que queiran asistir), Monicreques de Kukas presenta o seu espectáculo que mestura o pallaso e a pantomima cos monicreques e a maxia compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía.
SÁBADO 16 DE MARZO: ESPECTÁCULO DO MAGO RAFA EN ALFOZ
10/Marzo/2024

SÁBADO 16 DE MARZO: ESPECTÁCULO DO MAGO RAFA EN ALFOZ

Ás 19:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura, esperámoste para gozar da maxia da man do Mago Rafa, un ilusionista nado en Lugo que leva máis de 25 anos traballando con dous obxectivos comúns, divertir e sorprender. Durante todos estes anos traballou para conseguir un estilo que o caracteriza, a proximidade. Os seus espectáculos baséanse na proximidade co público, de maneira que eles marquen o ritmo da diversión para dar lugar á sorpresa. Proximidade que utiliza para aproximar aos espectadores a un mundo de fantasía onde vive o mentalismo, as adiviñacións, as viaxes de obxectos imposibles .. pero sempre coa súa tarxeta de presentación: Un humor cotián e desenfadado para facer gozar a públicos de todas as idades.
Páxina 36 / 175

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO