Concello de Alfoz
COIDADOS COMPARTIDOS
07/Marzo/2024

COIDADOS COMPARTIDOS

Trátase dun curso organizado en colaboración con AFAN BURELA (Asociación de familiares de Alzheimer e outras demencias) dirixido a coidadores/as de persoas con demencia neurodexenerativa (preferentemente coidadores/as familiares, se houbera prazas dispoñibles tamén poderían inscribirse coidadores/as profesionais). Realizarase os días 18, 20, 25 e 27 de marzo en horario de 16 a 18 horas na aula do Centro Sociocultural de Alfoz. As inscricións realízanse directamente en AFAN Burela, no correo electrónico gema.afan.burela@gmail.com ou no teléfono 982.580.610.
PRESENTACIÓN PLAN BÁSICO MUNICIPAL
02/Marzo/2024

PRESENTACIÓN PLAN BÁSICO MUNICIPAL

O vindeiro martes 5 de marzo ás 11:30h no salón de plenos da casa consistorial, terá lugar o acto de presentación do Plan Básico Municipal, que contará coa presencia da Vicepresidenta Segunda e Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Dª Ángeles Vázquez Mejuto, da Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Dª Encarnación Rivas Díaz e da Alcaldesa de Alfoz, Dª Efigenia Maseda Paz.
RAMONA CORTIÑAS LÓPEZ, CELEBROU HOXE 101 ANOS
25/Febreiro/2024

RAMONA CORTIÑAS LÓPEZ, CELEBROU HOXE 101 ANOS

Hoxe, 25 de febreiro, Ramona Cortiñas López, celebrou o seu 101 aniversario no Pereiro, Alfoz. A alcaldesa, Efigenia Maseda, acompañada polo Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, achegáronse a súa casa e agasallárona cunha cesta con diferentes produtos e plantas. Dende o Concello de Alfoz desexámoslle que goce dun moi feliz aniversario.
Charla informativa CONTROL E XESTIÓN DA DOR
16/Febreiro/2024

Charla informativa CONTROL E XESTIÓN DA DOR

Durante a mañá de hoxe tivo lugar un obradoiro sobre o Control e xestión da dor durante o cal se abordaron as diferenzas entre a dor crónica e a dor aguda e se proporcionaron habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que a presentan na súa vida diaria. As persoas asistentes coñeceron algunhas estratexias e recomendacións sobre hábitos de vida saudables que poden axudar a combatir a dor (rutinas diarias, hixiene corporal e postural, sono e descanso, exercicio físico, alimentación saudable...) así como alternativas non farmacolóxicas como fisioterapia, acupuntura, meditación, relaxación, psicoterapia... para o seu tratamento. A actividade realizouse en colaboración coa Escola Galega de Saúde.
 MARÍA EDELMIRA LEGASPI TRELLES, CELEBROU HOXE 100 ANOS
10/Febreiro/2024

MARÍA EDELMIRA LEGASPI TRELLES, CELEBROU HOXE 100 ANOS

Hoxe, 10 de febreiro, María Edelmira Legaspi Trelles, celebrou o seu 100 aniversario en Carballido, Alfoz. A alcaldesa, Efigenia Maseda, acompañada polo Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, achegáronse a súa casa e agasallárona cunha placa e un ramo de flores. Dende o Concello de Alfoz, desexámoslle que goce dun moi feliz aniversario.
Páxina 37 / 175

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO