Concello de Alfoz
CHARLA INFORMATIVA "CONTROL E XESTIÓN DA DOR"
28/Xaneiro/2024

CHARLA INFORMATIVA "CONTROL E XESTIÓN DA DOR"

Durante o obradoiro proporcionaranse habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que presentan dor aguda e crónica, así como información sobre diferentes alternativas para a avaliación e tratamento da dor. As persoas interesadas en inscribirse na actividade poden facelo ata o 9 de febreiro, presencialmente no Concello de Alfoz ou no teléfono 982 55 80 01. O obradoiro, impartido por Enrique del Arco Herrero, realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde.
PRESENTACIÓN DO CADERNO Nº 13 DO SEMINARIO DE ESTUDOS DO VALADOURO
07/Xaneiro/2024

PRESENTACIÓN DO CADERNO Nº 13 DO SEMINARIO DE ESTUDOS DO VALADOURO

O vindeiro venres, 12 de xaneiro, ás 20:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar a presentación dun novo caderno do SEVA. "Textos e contextos da emigración do Valadouro en Cuba" de Prudencio Vivero Mogo. Organizado polo SEVA coa colaboración da Delegación de Cultura do Concello de Alfoz.
PREMIOS XXI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
22/Decembro/2023

PREMIOS XXI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

O domingo 17 de decembro, ao remate do espectáculo de Brais das Hortas, fíxeronse públicos os gañadores/as do XXI Concurso de Postais de Nadal. Este ano o premio para a categoría de Educación Infantil foi para MARTIÑO RAMIL VIZOSO, o da categoría de 1º ciclo de Educación Primaria foi para ROI PÉREZ DÍAZ, o da categoría de 2º ciclo de Educación Primaria foi para LEYRE CARBALLAL SOUTO e, ademais, nesta mesma categoría otorgouse un Premio Especial do Xurado a UXÍA VIVERO SANTÍN ante a gran dificultade coa que se atopou o xurado pola calidade de todos os traballos presentados. Todo o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz participante ten un diploma e un pequeno agasallo polo seu esforzo e creatividade. Os nenos e nenas que non o recolleron o pasado 17 de decembro poden achegarse á Biblioteca Municipal (a partir de xaneiro porque agora están de vacacións). Este concurso está incluído dentro das Actividades de Dinamización da Biblioteca, no Plan Único da Deputación Provincial e subvencionado pola mesma.
CARMEN MARRUBE OTERO, CELEBRA HOXE 101 ANOS
17/Decembro/2023

CARMEN MARRUBE OTERO, CELEBRA HOXE 101 ANOS

Hoxe, 17 de decembro, Carmen Marrube Otero, celebrou o seu 101 aniversario, rodeada da familia na súa casa de Carballido, Alfoz. A alcaldesa, Efigenia Maseda, acompañada polo Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, agasallárona cunha cesta con diferentes produtos. Desexámoslle un feliz aniversario en nome do Concello de Alfoz.
XORNADA DE INICIACIÓN Á PESCA CON MOSCA. 23 DE DECEMBRO. De balde, con inscrición previa nos tfno. 652 838 013 e 667 983 373
07/Decembro/2023

XORNADA DE INICIACIÓN Á PESCA CON MOSCA. 23 DE DECEMBRO. De balde, con inscrición previa nos tfno. 652 838 013 e 667 983 373

Organizada pola Asociación de Pescadores Amigos do Ouro en colaboración co Concello de Alfoz. Terá lugar o sábado 23 de decembro, ás 10:00h da mañá na Casa da Cultura de Alfoz. Impartida por Julio Seijas, combinará parte teórica con práctica. Os contidos son: 1.- "O RÍO, UN ECOSISTEMA VIVO" para identificar os insectos acuáticos e terrestres dos que se alimentan as troitas, as súas fases e estados. Comportamento das troitas, hábitat, cómo atopalas. A visión da troita. 2.-"MONTAXE". Iniciación ao montaxe de moscas, ferramentas, materiais,..(podes traer o teu equipo pero se non tés, non te preocupes, nós facilitámoscho). 3.-LANCE. Iniciación ao lance con cola de rata. Equipo (canas, carretes, liñas, baixos..). Para inscricións, gratis, e máis información nos tfno. 652 838 013 e 667 983 373.
Páxina 38 / 175

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO