Concello de Alfoz
ENTREGA DE PREMIOS DO XXI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
06/Decembro/2023

ENTREGA DE PREMIOS DO XXI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

O vindeiro 17 de decembro levarase a cabo a entrega dos premios aos gañadores e gañadoras do certame deste ano, así como a todo o alumnado participante do correspondente diploma acreditativo e un pequeno agasallo. Para celebralo, contaremos co espectáculo de Brais das Hortas, para rir e desfrutar da música e o humor deste gran artista. Será ás 19:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.
XORNADA INFORMATIVA SOBRE CONSUMO RESPONSABLE E DECISIÓNS DE COMPRA
04/Decembro/2023

XORNADA INFORMATIVA SOBRE CONSUMO RESPONSABLE E DECISIÓNS DE COMPRA

O Concello de Alfoz en colaboración coa Escola Galega de Consumo celebrará o vindeiro 5 de decembro de 11 a 12 horas no Centro Sociocultural de Alfoz unha xornada informativa sobre CONSUMO RESPONSABLE E DECISIÓNS DE COMPRA. Durante a mesma o persoal técnico da Escola Galega de Consumo fará recomendacións sobre hábitos e criterios a ter en conta para un consumo máis responsable, convidando á reflexión crítica sobre o consumismo, especialmente agora que se achegan as datas do Nadal. Trátase dunha xornada aberta ao público para a que non é necesaria inscrición previa.
PROGRAMACIÓN CULTURAL: DECEMBRO 2023
25/Novembro/2023

PROGRAMACIÓN CULTURAL: DECEMBRO 2023

No mes de decembro, comezaremos a Programación da Delegación de Cultura co Concerto de Nadal a cargo da Banda de Música de Lourenzá o sábado 9, ás 19:00h no Salón de Actos. No mesmo lugar, tamén ás 19:00h quedamos o 17 para desfrutar do espectáculo de música e teatro para todos os públicos "Zona en Obras" con Brais das Hortas e, ao rematar, farase a entrega dos premios do XXI Concurso de postais de Nadal, no que ademais dos 3 premiados/as nas categorías de Ed. Infantil, 1º ciclo de Ed. Primaria e 2º ciclo de Ed. Primaria do CEIP Castro de Ouro, todos os participantes recibirán un diploma e un agasallo polas súas obras. Remataremos o mes con 2 tardes de festa para os nenos e nenas, de 17:30h a 20:30h no Pavillón Municipal os días 29 e 30 de decembro: inchables, pintacaras, música, xogos...e moitas sorpresas divertidas. Todas as actividades son de balde e de entrada libre, coma sempre, e non é precisa inscrición previa en ningún caso.
Ateneo Escurialense, Modesto análisis das aportacións axiológicas de D. José María Méndez por D. Pedro Rubal
25/Novembro/2023

Ateneo Escurialense, Modesto análisis das aportacións axiológicas de D. José María Méndez por D. Pedro Rubal

Pincha na noticia e accede ao enlace da ponencia completa de D. Pedro Rubal.
CONCERTO DE NADAL DA BANDA DE MÚSICA DE LOURENZÁ.
25/Novembro/2023

CONCERTO DE NADAL DA BANDA DE MÚSICA DE LOURENZÁ.

O sábado, 9 de decembro, ás 19:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz poderemos desfrutar do repertorio navideño da Banda de Música de Lourenzá. Entrada libre e de balde.
SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA ACTIVIDADES CULTURAIS 2023
25/Novembro/2023

SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA ACTIVIDADES CULTURAIS 2023

Pincha na noticia para acceder á documentación completa ou usa o código Qr da imaxe.
Páxina 39 / 175

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO